Amadou Gon Coulibaly, nado o 10 de febreiro de 1959 e finado o 8 de xullo de 2020, foi un político marfilés que foi primeiro ministro de Costa do Marfil dende xaneiro de 2017 até a súa morte.

Anteriormente fora secretario xeral da presidencia durante o mandato de Alassane Ouattara entre 2011 e 2017.

Traxectoria A principios dos anos 90, traballou como asesor técnico do primeiro ministro Alassane Ouattara."Côte d'Ivoire: Amadou Gon Coulibaly nommé nouveau Premier ministre", Radio France Internationale, 10 January 2017 . Coulibaly foi membro da Asemblea Nacional entre 1995 e 2000. Tamén foi alcalde de Korhogo.

De outubro de 2002 a febreiro de 2010 foi Ministro de Agricultura. Despois de que Alassane Ouattara se convertese en presidente, Coulibaly foi secretario xeral da presidencia de 2011 a xaneiro de 2017.

O presidente Ouattara nomeou a Coulibaly primeiro ministro de Costa do Marfil o 10 de xaneiro de 2017. A composición do seu novo goberno anunciouse o 11 de xaneiro. Considerouse bastante similar ao anterior goberno de Daniel Kablan Duncan, mantendo os seus cargos a maioría dos ministros clave. Con 28 ministros, era menor que o goberno anterior, que tiña 35."Ivory Coast's Ouattara names new government with few changes", Reuters, 11 January 2016. A Coulibaly asignóuselle tamén a responsabilidade da carteira ministerial do orzamento o 19 de xullo de 2017."Ivory Coast reshuffles cabinet, replaces key ministers", Reuters, 19 July 2017.

No Terceiro Congreso Ordinario do seu partido, o Reagrupamento dos Republicanos (RDR), en setembro de 2017, Coulibaly foi designado primeiro vicepresidente.Anna Sylvestre-Treiner, "Côte d’Ivoire : Alassane Ouattara choisit Henriette Dagri Diabaté pour présider son parti", Jeune Afrique, 10 September 2017 . Cando Ouattara disolveu o goberno no medio de tensións na coalición gobernante en xullo de 2018, Coulibaly foi re-nomeado para formar un novo goberno.Loucoumane Coulibaly (July 4, 2018), Ivory Coast's Ouattara dissolves government amid coalition infighting Reuters.

Saúde e morte Coulibaly someterase a unha cirurxía cardíaca en 2012. En 2020 pasou dous meses en Francia para realizar un exame cardíaco e gardar repouso, volvendo a Costa do Marfil o 2 de xullo. Pouco despois, o 8 de xullo, sentiuse mal durante unha reunión semanal do goberno e foi levado a un hospital onde faleceu aos 61 anos.

Outras actividades

Fondo Monetario Internacional (FMI), membro ex officio do Consello de Administración (dende 2017)Members International Monetary Fund (IMF). Axencia Multilateral de Garantía de Investimentos (MIGA), Grupo do Banco Mundial, membro ex officio do Consello de Administración (dende 2017) Board of Governors Multilateral Investment Guarantee Agency (MIGA), World Bank Group. Banco Mundial, membro ex officio do Consello de Administración (dende 2017) Board of Governors World Bank.

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Costa do Marfil Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2020