A Galleria mellonella, é unha especie de insecto lepidóptero da suborde Glossata e do clado Ditrysia. Orixinouse no Vello Mundo e foi introducida a outras partes con colmeas de abellas. Hoxe en día alcanza unha distribución mundial. Chega a ser unha praga agrícolaBastidas, R. y Zavala, Y. 1995. Principios de Entomología Agrícola Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5 nas colmeas de abellas melíferas.
Describiuse unha biodegradación acelerada de polietileno (PE) por larvas desta especie, que o degradan a etilenglicol.
Descrición Avelaíña de constitución ancha e robusta e cor de base marrón con irisacións plomizas. Na marxe das ás presenta flocos con matices claro escuros, e na metade inferior algunhas liñas negras lonxitudinais. As ás posteriores son de cor gris clara, con nervacións sobresaíentes.
Notas
Categoría:Especies invasoras animais Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758