Abdul Hamid II (en , `Abdü’l-Ḥamīd-i sânî; en ), nado en Istanbul o 21 de setembro de 1842 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1918, foi o 34.º sultán do Imperio Otomán e o último que exerceu control efectivo sobre o estado en descomposición.Overy, Richard páx. 252, 253 (2010) Dirixiu o imperio durante o período de decadencia, con rebelións particularmente nos Balcáns, e tivo unha guerra sen éxito contra o Imperio Ruso, seguida doutra guerra vitoriosa contra o reino de Grecia en 1897. Hamid II gobernou dende o 31 de agosto de 1876 ata que foi deposto pouco despois da revolución dos Mozos Turcos o 27 de abril de 1909. Por un acordo cos republicanos Mozos Otománs, promulgou a primeira constitución otomá o 23 de decembro de 1876, que foi un sinal de pensamento progresista que marcou o principio do seu goberno. Con todo, máis adiante, notou a influencia occidental nos asuntos otománs e citando desacordos co parlamento suspendeu tanto a constitución como o parlamento en 1878 e obtivo un maior poder e control efectivo.
A modernización do Imperio Otomán tivo lugar durante o seu reinado, e incluíu a reforma da burocracia e a extensión da rede de ferrocarrís. Ademais desta modernización, estableceuse un sistema para rexistrar a poboación e o control da prensa, ademais da primeira lei de educación moderna en 1898. Na educación foi onde máis alcance tiveron estas modernizacións, establecéndose moitas escolas profesionais (dereito, artes, comercio, enxeñaría, veterinaria, aduanas, granxa, lingüística...). A universidade de Istanbul, a pesar de ser pechada por Hamid II en 1881, reabriu en 1900, e estenduse a rede de escolas secundarias, primarias e militares. Desenvolvéronse os sistemas de trens e telégrafos, principalmente por empresas alemás. Durante o seu reinado, o imperio caeu na bancarrota, levando ao establecemento da Administración Otomá da Débeda Pública en 1881.
No estranxeiro, Abdul Hamid II foi alcumando o "Sultán Vermello" ou "Abdul o Maldito", debido aos masacres de armenios e asirios durante a súa etapa e ao uso da policía secreta para silenciar os disidentes e republicanos. Estas iniciativas provocaron un intento de asasinato en 1905 por revolucionarios armenios.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Abdul Hamid II Biography All Documents about Abdul Hamid in English from a Turkish Web Site Overy, Richard. The Times Complete History of the World, HarperCollins Publishers (2010)
Outros artigos Xenocidio armenio Ligazóns externas II. Abdul Hamid Forum in English II. Abdul Hamid Forum in English II. Abdülhamit Dönemi Olayları – ittihat Ve Terakki Ödev Sitesi US Library of Congress Abdul Hamid II Photo Collection – about 1,800 photographs mounted in albums, ca. 1880–1893 television show series of TV episodes that are true stories about his life written by his right-hand man
Categoría:Sultáns otománs Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1918