O 24,25-dihidroxicolecalciferol, tamén chamado 24,25-dihidroxivitamina D3 e (24R)-hidroxicalcidiol (abreviado como 24(R),25-(OH)2D3),"Nomenclature of Vitamin D. Recommendations 1981. IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN) " reproducido na páxina web do Queen Mary, Universidade de Londres. Consultado o 21 de marzo de 2010. é un composto que está estreitamente relacionado co 1,25-dihidroxivitamina D3, a forma activa da vitamina D3, pero, igual que a propia vitamina D3 e a 25-hidroxivitamina D3, é inactiva como hormona tanto in vitro coma in vivo. Foi identificada por Michael F. Holick.

Formación e importancia

A 24,25-dihidroxivitamina D3 fórmase a partir de 25-hidroxivitamina D3 pola acción do enzima P450cc24 (25-hidroxivitamina D3-24-hidroxilase), que parece ser "un enzima que multicataliza a maioría, se non todas, as reaccións na vía C-24/C-23 do metabolismo do 25-OH-D3." Propúxose que a 24,25-dihidroxivitamina D3 é un metabolito da 25-hidroxivitamina D3 que está destinado á excreción.

Non obstante, non se sabe se o composto podería tamén ter algunha actividade fisiolóxica significativa. Obtivéronse algunhas evidencias dun posible receptor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Secosteroides