Katlego Kai Kolanyane-Kesupile, nada en Francistown en xaneiro de 1988, é unha artista performance, música, escritora e activista LGBT de Botswana, tamén coñecida como Kat Kai Kol-Kes. É coñecida por ser a primeira figura pública do seu país en identificarse de forma aberta como unha persoa transxénero, o que fixo en 2013. Foi tamén a primeira persoa de Botswana en ser nomeada membro de TED.

Traxectoria Foi á escola de primaria Clifton Primary School, e con dezaoito anos foi a un internado en Durban. Kolanyane-Kesupile estudou un grao en Teatro na Universidade de Witwatersrand e fixo un mestrado en Dereitos Humanos, Cultura e Xustiza Social en Goldsmiths, University of London. En 2016 recibiu unha bolsa Chevening.

É fundadora do Queer Shorts Showcase Festival, o primeiro e único festival de teatro de temática LGBT de Botswana. Colaborou nas publicacións Peolwane Magazine, The Kalahari Review, Washington Blade e AfroPUNK.com. Kolanyane-Kesupile toca tamén na banda Chasing Jakyb, e escribe cancións tanto en lingua inglesa como en lingua tswana. En 2015 o grupo editou o disco Bongo Country.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas How I'm Bringing Queer Pride to My Rural Village (2017 vídeo) Developing the Nerve to Possess Yourself (2017 vídeo) Official site

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Botswana Categoría:Personalidades da música Categoría:Activistas LGBT de Botswana Categoría:Alumnos da Universidade de Witwatersrand