O sapo lusitánico (Halobatrachus didactylus), é a única especie do xénero Halobatrachus, un peixe mariño da familia dos batracoídidos, distribuído pola costa atlántica de África e o Mediterráneo occidental.Bauchot, M.-L., 1987. Poissons osseux. p. 891-1421. En W. Fischer, M.L. Bauchot e M. Schneider (eds.) "Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37". Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Rome.
Morfoloxía A forma do corpo é semellante ás demais especies desta orde, cunha lonxitude máxima descrita de 50 cm.Sanches, J.G., 1991. "Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau". Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16. 429 p. Posúe numerosos radios brandos nas longas aletas dorsal e anal, sen espiñas, mentres que a aleta caudal é redondeada.Maigret, J. e B. Ly, 1986. "Les poissons de mer de Mauritanie". Science Nat., Compiègne. 213 p.
Hábitat e bioloxía Vive en augas mariñas subtropicais a escasa profundidade, entre os 10 m e 50 m.Schneider, W., 1990. "FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea". Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. FAO, Rome. 268 p. Aínda que son fundamentalmente mariños, describiuse a súa presenza remontando os ríos de Gambia.Diouf, P.S., 1996. "Les peuplements de poissons des milieux estuariens de l'Afrique de l'Ouest: L'exemple de l'estuaire hyperhalin du Sine-Saloum". Université de Montpellier II. Thèses et Documents Microfiches No.156. ORSTOM, París. 267 p.
Teñen hábitos de vida sedentarios sobre a area branda ou o barro, a miúdo parcialmente soterrados na area ou agochados en fendas das rochas -solitario en augas profundas-, onde se alimenta de crustáceos, moluscos e pequenos peixes.Roux, C., 1986. "Batrachoididae". p. 1360-1361. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, París. Vol. 3. As femias depositan os ovos, que son sufientemente grandes, os cales son despois gardados polos machos.
Relación cos humanos Está catalogado como peixe perigoso para os nadadores, polo seu veleno.Halstead, B.W., P.S. Auerbach e D.R. Campbell, 1990. "A colour atlas of dangerous marine animals". Wolfe Medical Publications Ltd, W.S. Cowell Ltd, Ipswich, England. 192 p. É pescado para a súa comercialización, aínda que con escaso valor no mercado.
Presenza en Galicia Aínda que o sapo lusitánico é unha especie tropical que se ten atopado nas augas do sur de Portugal, en Galicia só se teñen rexistrado dous achados desta especie, o primeiro producido no ano 2018 na ría de Vigo, e o segundo no ano 2019, cun exemplar desta especie en augas de Sanxenxo.
Notas
Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1801