James Frederick Buchli é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-51-C, STS-61-A, STS-29 e STS-48. Pasou un total de 20,43 días no espazo.

Traxectoria Buchli naceu o 20 de xuño de 1945 en New Rockford, Dakota do Norte. É graduado en enxeñería aeronáutica pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1967, e graduado en enxeñería astronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea e en enxeñería de sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Oeste en 1975. Está casado con Jean Oliver e ten dous nenos.

Pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1979. Formou parte da tripulación das misións STS-51-C, STS-61-A, STS-29 e STS-48.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51-C STS-61-A STS-29 STS-48

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Dacota do Norte