, tamén coñecido como Viaxe a Toquio,La Voz de Galicia, 6 de marzo de 2004. Páx. 71 é un filme dramático xaponés dirixido por Yasujirō Ozu que se estreou en 1953. Está protagonizado por Chishū Ryū e Chieko Higashiyama.

Ozu e o guionista Kōgo Noda escribiu o guión en 103 días e está baseado vagamente no filme estadounidense de 1937 Make Way for Tomorrow, dirixido por Leo McCarey. Noda primeiro suxeriu adaptar o filme, que Ozu non vira. Ozu empregou moitos membros dos elencos e técnicos cos que traballara durante anos. Estreado no Xapón en 1953, non tivo recoñecemento internacional inmedianto e foi considerado "demasiado xaponés" para os exportadores. Estreouse en Londres en 1957 e gañou o trofeo Sutherland o ano seguinte, recibindo eloxios dos críticos estadounidenses trala súa estrea en Nova York en 1972.

Contos de Tokio está recoñecida como a obra mestra de Ozu e adoita ser citada como un dos mellores filmes da historia. En 2012, foi votado como o mellor filme de todos os tempos nunha enquisa entre directores realizada pola revista Sight & Sound.

Estreouse en galego o 6 de marzo de 2004 a través da TVG.

Argumento Uns pais anciáns, orixinarios de Onomichi, no Xapón rural, visitan os seus fillos residentes en Toquio, mais son rexeitados en certa maneira polos seus fillos, que están moi ocupados para prestarlles atención. Con todo, a actitude contrasta co comportamento da súa nora viúva, que os trata con afecto. A humanidade evoluciona tan rapidamente que entre as xeracións se orixina un abismo que as mantén incomunicadas entre si.

Personaxes Chishū Ryū como Chieko Higashiyama como Setsuko Hara como Haruko Sugimura como So Yamamura como Kuniko Miyake como Kyōko Kagawa como Eijirō Tōno como Nobuo Nakamura como Shirō Ōsaka como Hisao Toake como Teruko Nagaoka como Mutsuko Sakura como patrón do restaurante Oden Toyo Takahashi como veciño de Shūkichi Hirayama Tōru Abe como empregado de ferrocarrís

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Estudo do filme en miradas.net

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Yasujirō Ozu Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego