Jay Clark Buckey Jr., nado en Nova York o 6 de xuño de 1956 é un astronauta e político estadounidense que participou na misión STS-90. Pasou un total de 15,91 días no espazo.

Traxectoria É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Cornell en 1977, e doutorado en medicina pola mesma universidade. Está casado con Sarah Woodroffe e ten un fillo e dúas fillas.

Formou parte da tripulación do voo STS-90 como especialista de carga para a misión Neurolab, unha misión de 16 días do Spacelab adicada a investigar os efectos da microgravedade no sistema nervioso.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-90

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Nova York