Lynn Rachel Redgrave OBE, nada en Londres o 8 de marzo de 1943 e finada en Nova York o 2 de maio de 2010, foi unha actriz británica pertencente á coñecida familia de intérpretes: era filla de sir Michael Redgrave e Rachel Kempson, lady Redgrave; irmá de Corin Redgrave e Vanessa Redgrave; e tía das actrices Natasha Richardson, Joely Richardson e Jemma Redgrave.
Lynn Redgrave é a única persoa que foi candidata aos catro grandes premios estadounidenses do entretemento (Grammy, Emmy, Oscar e Tony) sen gañar ningún deles.
Traxectoria O primeiro papel de Redgrave nun filme foi unha pequena aparición en Tom Jones (1963). En 1966 recibiu a súa primeira candidatura aos premios Oscar por Georgey Girl. Traballou en televisión, nos teatros de Londres e en Broadway e foi candidata en dúas ocasións aos Tony. Tamén gañou dúas veces o premio Sarah Siddons (1977 e 1995) polo seu traballo nos teatros de Chicago.
Outros filmes en que participou foron The Happy Hooker, Every Little Crook and Nanny, Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntar, The Big Bus, Sunday Lovers, Morgan Stewart's Coming Home e Gods and Monsters. Entre 1979 e 1981, participou na serie de televisión estadounidense House Calls. No seu último filme, Kinsey, protagonizado por Liam Neeson, ten un breve mais amplamente eloxiado papel.
En 2000, Redgrave divorciouse do que fora o seu marido durante 33 anos, o produtor de cinema e actor John Clark, cando descubriu que tivera un fillo coa súa axudante. En 2002 anunciou que sufría un cancro de mama. Escribiu unha obra de teatro, The Mandrake Root e tamén un libro en que narraba a súa batalla contra o cancro titulado Journal: A Mother and Daughter's Recovery from Breast Cancer con fotografías realizadas pola súa filla Annabel Clark.
Redgrave foi nomerada Oficial da Orde do Imperio Británico, aínda que posteriormente se converteu en cidadá estadounidense.Lynn Redgrave profile at FilmReference.com
A actriz faleceu o 2 de maio de 2010 tras sete anos de loita contra o cancro.Fallece Lynn Redgrave a los 67 años
Filmografía Ano Título Papel Notas1963Tom JonesSusan1964Girl with Green EyesBaba Brennan1966Georgy GirlGeorgy1966Virgin1967Smashing TimeYvonne1969Phillipa Raskin1970Last of the Mobile Hot ShotsMyrtle Kane1971Long Live Your DeathMary O'DonnellTamén coñecida como Don't Turn the Other Cheek!1972Every Little Crook and NannyMiss Poole1972Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo e nunca se atreveu a preguntarThe Queen1973Nurse Betty Martin1975Xaviera Hollander1976Camille Levy1980Sunday LoversLady DavinaEpisodio: "An Englishman's Home"1987Morgan Stewart's Coming HomeNancy Stewart1989Getting It RightJoan1989 MidnightMidnight1996ShineGillian1998Gods and MonstersHanna1998Miss McVaneTamén coñecida como All I Wanna Do1999TouchedCarrie1999The Annihilation of FishPoinsettia2000Katharine2000Helen Whittaker2000DeeplyCelia2000How to Kill Your Neighbor's DogEdna2000Lion of OzMalvada bruxa do lesteVoz2001Venus and MarsEmily Vogel2001My KingdomMandy2002SpiderMrs. Wilkinson2002Unconditional LoveNola Fox2002Cordelia ThornberryVoz2002Hansel and GretelWoman / Witch2002Anita and MeMrs. Ormerod2003Charlie's WarGrandma Lewis2003Peter PanAunt Millicent2004KinseyFinal Interview Subject2005Olga Belinskya2007Mama Sky2009My Dog TulipNancy / Greengrocer's WifeVoz
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lynn Redgrave – Downstage Center entrevista en American Theatre Wing.org, xullo de 2005. Write TV Public Television interview
Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Nados en Westminster Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2010