María Fernanda Ladrón de Guevara y Trápaga, nada en Madrid o 30 de maio de 1897 e finada en Madrid o 25 de abril de 1974, foi unha actriz española.

Traxectoria Debutou sobre o escenario o 13 de decembro de 1913 coa obra La Malquerida, na compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza, o seu padriño. Con esta compañía estreou, entre outras obras El retablo de Agrellano (1913), de Eduardo Marquina, Mamá (1913), de Gregorio Martínez Sierra, La fuerza del mal (1914), de Manuel Linares Rivas, Campo de armiño (1916) e La vestal de Occidente (1919), ambas as dúas de Jacinto Benavente e El último pecado (1918), de Pedro Muñoz Seca. esquerda|miniatura|Ladrón de Guevara en Mundo Gráfico miniatura|María Ladrón de Guevara e Rafael Rivelles Máis adiante cursou estudos de interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramática, da man de María Tubau.

En 1922 formou a súa propia compañía con Rafael Rivelles, actor co que acaba de contraer matrimonio, e puxo en escena grandes éxitos teatrais na época como Cancela, La madre guapa ou El bandido de la Sierra (1923).

Debutou na gran pantalla en 1930, coa película El embrujo de Sevilla, de Benito Perojo. Pouco despois trasladouse a Hollywood onde rodou a versión en castelán de varias películas norteamericanas.

Tras a finalización da Guerra Civil Española contraeu matrimonio en segundas nupcias con Pedro Larrañaga Ruiz-Gómez (falecido en 1944) e terminou por consolidarse como unha das grandes damas da escena española do século XX, con notables interpretacións especialmente do dramaturgo Jacinto Benavente. A súa compañía disolveuse en 1959.

A súa carreira cinematográfica, con todo, mantívoa sempre nun segundo plano, aínda que poden mencionarse títulos como Rosas de otoño (1943), de Juan de Orduña, Altas variedades (1960), de Francesc Rovira-Beleta, Canción de arrabal (1961), de Enrique Carreras, ou El bosque del lobo (1970), de Pedro Olea.

En televisión protagonizou a serie Mi hijo y yo (1963), xunto a Juan Diego.

A tradición artística de María Fernanda Ladrón de Guevara perpetuouse a través dos seus fillos Amparo Rivelles e Carlos Larrañaga, e dos seus netos Amparo Larrañaga e Luis Merlo.

Filmografía

Cine +AnoTítuloPapel1916Hasta después de muerta1931La mujer XJaquelina1931El embrujo de SevillaPastora1931Cheri-BibiCecilia1931El proceso de Mary DuganMary Dugan1932Niebla1933El hombre que se reía del amor1935Odio1946Rosas de otoño1949Sabela de CambadosSabela1959Música de ayerDoña Lola Gasparín1959Miss CupléStella Marco1960La fiel infanteríaDoña Julia1960Alfonso XII y María Cristina: ¿Dónde vas triste de ti?Isabel II1960Un ángel tuvo la culpa1960Altas variedadesDoña Mercedes1960Una chica de Chicago1961La cumparsitaSeñora Cris1965La mentirosa1966La mujer perdida1967Encrucijada para una monjaMadre Superiora1969Me enveneno de azules!María1970El bosque del loboGabriela

Televisión +AnoTítuloPapelNotas1963Gran teatroAbadesa1 episodio: "Don Juan Tenorio"1963Mi hijo y yo1964Teatro de familia1 episodio: "El Principe que Todo lo Aprendio en los Libros "1968El premio1 episodio: "La saga de Selma Lagerlöf"1969Estudio 13 episodios: "Soledad I", "La enemiga", "Las brujas de Salem (II)"1971Cuentos y leyendas1 episodio: "Miau"

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Finados en 1974 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1897