A Supercopa de Europa 2018 foi a 43ª edición da Supercopa de Europa, competición anual de fútbol organizada pola UEFA na que se enfrontan os campións da Liga de Campións da UEFA e da UEFA Europa League da tempada anterior. Esta edición disputárona o Real Madrid Club de Fútbol, campión da Liga de Campións da UEFA 2017-18 e o Club Atlético de Madrid, campión da UEFA Europa League 2017-18. A competición disputouse a partido único o 15 de agosto de 2018 no estadio A. Le Coq Arena en Talín, capital de Estonia.

O Atlético de Madrid logrou impoñerse ao seu eterno rival na capital española por primeira vez nunha final a nivel europeo tras vencelo por 4 goles a 2 na prórroga, logo dun empate 2-2 ao final dos 90 minutos. O dianteiro atlético Diego Costa foi declarado MVP da final na que anotou dous tantos para o seu equipo.

Con esta vitoria, o Atlético logrou a súa terceira vitoria das tres finais que disputou nesta competición. Ademais fixo que das últimas 10 edicións do torneo 9 fosen gañadas por equipos españois.

Datos

PO1Keylor NavasLD2 Dani CarvajalDF4 Sergio Ramos (c)DF5 Raphaël VaraneLE12 MarceloMC14 CasemiroMC8 Toni KroosMC22 IscoED11 Gareth BaleDC9 Karim BenzemaEE20 Marco AsensioSubstitucións:PO13 Kiko CasillaPO26 Andriy LuninDF6 NachoDF29 Sergio ReguilónDF31 Javier SánchezMC10 Luka ModrićMC18 Marcos LlorenteMC24 Dani CeballosMC27 Federico ValverdeDC17 Lucas VázquezDC21 Borja MayoralDC28 Vinícius JúniorAdestrador: Julen Lopetegui414x414pxPO1 Jan OblakLD20 JuanfranDF15Stefan SavićDF4 Diego Godín (c)LE21 Lucas HernándezMD11 Thomas LemarMC14 RodriMC8 Saúl Ñíguez6 KokeDC19 Diego CostaDC7 Antoine GriezmannSubstitucións:PO1 Antonio AdánPO37 Álex dos SantosDF3 Filipe LuísDF4 Santiago AriasDF24 José GiménezMC5 Thomas ParteyMC18 Thomas ParteyMC23 VitoloMC30 Roberto OlabeDC9 Nikola KalinićDC10 Ángel CorreaAdestrador: Germán Burgos1 1O adestrador principal do Atlético de Madrid, Diego Simeone foi substituído polo seu segundo Germán Burgos debido á sanción de catro partidos que lle foi imposta durante as semifinais da UEFA Europa League 2017-18.

Véxase tamén

Outros artigos

UEFA Supercopa de Europa Liga de Campións da UEFA 2017-18 UEFA Europa League 2017-18 Real Madrid Club de Fútbol Club Atlético de Madrid

Ligazóns externas

Páxina oficial da UEFA

Categoría:Fútbol en 2018