José Inocencio Chincá, nado en Tame, Arauca, Colombia en 1798 e finado en Tibasosa, Boyacá, o 28 de xullo de 1819, foi un militar colombiano que combateu baixo as ordes de Simón Bolívar, durante a Campaña Libertadora de Nova Granada en 1819. Formou parte da carga de lanceiros durante a Batalla do Pantano de Vargas, na cal foi ferido de gravidade, falecendo 3 días despois.
Traxectoria Naceu en Tame (actual departamento de Arauca) descendente dos indíxenas guahibos, en 1798. Como habitante das chairas orientais estivo familiarizado dende neno co manexo e a doma de cabalos, necesarios para mobilizarse no inverno e traballar nas facendas. A Escola Militar de Suboficiais do Exército Nacional, con sede no Forte Militar de Tolemaida, realizou unha homenaxe ao Sarxento Inocencio Chincá, o valente lanceiro cuxo nome dende 1969 posúe a alma mater dos suboficiais en Colombia.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1798 Categoría:Finados en 1819 Categoría:Mortos en combate Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Militares de Colombia