Marilyn Joy Waring, nada en Ngaruawahia o 7 de outubro de 1952, é unha política e intelectual feminista neozelandesa, profesora do Centro de Políticas Públicas da Universidade Tecnolóxica de Auckland. Parlamentaria entre os anos 1975-1984. Waring precipitou a elección en 1984, ameazando con votar a favor da lexislación libre de armas nucleares de Nova Zelandia, que foi patrocinado pola oposición.
Traxectoria En 1989 Waring obtivo un D.Phil. en economía política pola Universidade de Waikato cunha tese sobre o Sistema de Contas Nacionais das Nacións Unidas.
O seu libro If Women Counted ("Cando as Mulleres Contan") é unha análise da economía moderna. O libro sostén que a economía dominante ignora o traballo non remunerado das mulleres, e que a economía mundial pasa por alto o valor da natureza.
Criticou abertamente o concepto de PIB, a medida económica que se converteu na base do Sistema de Contas Nacionais das Nacións Unidas (UNSNA) despois da Segunda Guerra Mundial. Critica un sistema que "considera os derrames de petróleo e as guerras como contribuíntes ao crecemento económico, mentres que a crianza dos fillos e as tarefas do fogar considéranse sen valor". O seu traballo influíu no mundo académico, a contabilidade gobernamental en varios países e as políticas das Nacións Unidas.
A directora de cine Terre Nash fixo unha película sobre ela, titulado "Who's Counting? Marilyn Waring on Sex, Lies and Global Economics".
Obra Women, Politics, and Power: Essays, Unwin Paperbacks-Port Nicholson Press (1984) If Women Counted: A New Feminist Economics, Harper & Row (1988) Three Masquerades: Essays on Equality, Work and Hu(man) Rights, Auckland: Auckland University Press with Bridget Williams Books (1996) In the Lifetime of a Goat: Writings 1984–2000, Bridget Williams Books (2004) 1 Way 2 C the World: Writings 1984–2006, Univ. of Toronto Press (2011)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Economía feminista
Ligazóns externas Who's Counting? Marilyn Waring on Sex, Lies and Global Economics by Terre Nash
Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Políticos de Nova Zelandia Categoría:Feministas de Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua inglesa