Daniel Charles Brandenstein é un piloto de probas e astronauta estadounidense retirado que participou nas misións STS-8, STS-51-G, STS-32 e STS-49. Pasou un total de 32,88 días no espazo.

Biografía Brandenstein naceu o 17 de xaneiro de 1943 en Watertown, Wisconsin. É graduado en matemáticas e física pola Universidade de Wisconsin en 1965. Está casado con Jane A. Wade e ten unha filla.

Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978 e pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1979. Foi CAPCOM e membro da tripulación de soporte para as misións STS-1 e STS-2. Formou parte da tripulación das misións STS-8, STS-51-G, STS-32 e STS-49.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-8 STS-51-G STS-32 STS-49

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1943