A Cosmografía de Ravenna é unha obra medieval compilada por un clérigo anónimo que viviu en Rávena, Italia, ao redor do ano 700. Consiste nunha lista de topónimos que abarcan todo o mundo, desde a India até Irlanda. A evidencia textual indica que o autor utilizaba frecuentemente os mapas como fonte. É a principal listaxe xeográfica deste tipo para os itinerarios terrestres do período bizantino, comparábel en importancia ao que representa o mapa da táboa de Peutinger para a época romana.
Os textos que sobreviven, tres copias manuscritas, feitas tres ou catro xeracións despois do manuscrito orixinal, ofrecen varios retos. As copias están repletas de erros ortográficos, divisións de palabras e omisións; As variacións entre os textos non se limitan só aos topónimos, senón que tamén son significativas nos comentarios.
A edición crítica mais recente dos tres manuscritos foi a de Joseph Schnetz, Itineraria Romana, vol. II: Ravennatis Anonymi Cosmographia et Guidonis Geographica, 1942 (republicada en 1990), B G Teubner, Stuttgart.
Libros Trátase máis que dunha cosmographia, como o mesmo autor a chama, dun catálogo nominal de tipo cosmográfico que abrangue todo o mundo coñecido até aquela altura, da India a Irlanda. Posteriormente a obra foi dividida polos primeiros editores en cinco libros.
I Libro: Conceptos xeográficos e descrición da terra onde explica que toda a súa extensión está rodeada por océano e é iluminada completa e simultaneamente polo sol, xa que a concibe coma unha superficie totalmente chá. II Libro: Descrición de Asia III Libro: Descrición de África IV Libro: Descrición de Europa V Libro: Descrición do Mediterráneo, cunha relación de illas nos distintos mares e no océano.
O Anónimo de Rávena constitúe unha valiosa fonte escrita a ter en conta para o estudo das vías romanas. Porén, non fornece as distancias entre unha mansión (lugar con pousada) e outra, limitándose soamente a consignar o nome destas e as liñas de ruta, listando arredor de 5300 referencias, entre elas uns 300 ríos; sendo o resto cidades. Só no libro quinto ofrece algúns datos de distancias e só algunhas das cidades se enumeran por provincias, aínda que dun xeito bastante desordenado e irregular. Engade ó Itinerario de Antonino novos nomes de cidades ou mansións nacidas posteriormente e seguramente tivo a mesma fonte de inspiración que a Tabula Peutingeriana, aínda que ás veces o Anónimo de Rávena inclúe datos máis completos cá Táboa.
Manuscritos
Os textos que sobreviviron, tres copias manuscritas, feitas varias xeracións despois do manuscrito orixinal, ofrecen diversos desafíos. As copias están ateigadas de erros de ortografía, divisións de palabras e omisións; as variacións entre os textos non se limitan só ós topónimos, mais tamén son significativas nos comentarios.
Codex Vaticanus Urbinas 961. Século XIII Codex Parisinus, bibliothecae imp. 4794. Século XIV Codex Basiliensis F.V. 6. Séculos XIV-XV
A edición crítica máis recente dos tres manuscritos foi a de Joseph Schnetz en 1942 (republicada en 1990).
Notas
Véxase tamén
Outras fontes antigas para o estudo das vías romanas Península ibérica Itinerario de Antonino A Geographia de Ptolomeo Vasos de Vicarello Tabula Peutingeriana Itinerario de barro de Astorga Tegula de Valencia Guidonis Geographica Itinerarium maritimum
Outros artigos Vía romana
Bibliografía Guido Pisanus, Liber Guidonis compositus de variis historiis : studio ed edizione critica dei testi inediti, ed. e com. por Michele Campopiano, Florencia, 2008 (Edizione Nazionale dei Testi Mediolatini, 22) . Louis Dillemann, La cosmographie du Ravennate, ed. e notas por Yves Janvier, Bruxelas, 1997 (Collection Latomus, 235) (relatorio ; resumo). Anonyme de Ravenne (Anonymus Ravennas) et Guido da Pisa (Guido Pisanus), Ravenmatis anonymi Cosmographia et Guidonis Geographica, ed. por Joseph Schnetz, Leipzig, 1940 (Itineraria Romana, 2) ; repr. Stuttgart, 1990 (relatorio). Id., Ravennatis anonymi Cosmographia et Guidonis Geographica, ed. por Gustav Parthey e Moritz Pinder, Berlín, 1860 ; repr. Aalen, 1962 (en liña transcrición, archive, Google).
Ligazóns externas Ravennatis Anonymi Cosmographia: Spania (PDF v.6 - 4.4 MB) Texto orixinal do Anónimo de Rávena para a banda da Península Ibérica The Roman Map of Britain Web que amosa a pescuda realizada por Thomas G. Ikins sobre a xeografía de Britannia a partir do Anónimo de Rávena
Categoría:Cartografía Categoría:Toponimia