Ghena Anastasija Macheva Dimitrova, coñecida artisticamente como Ghena Dimitrova (en búlgaro: Гена Димитрова), nada en Beglež o 6 de maio de 1941 e finada en Milán o 11 de xuño de 2005, foi unha soprano operística búlgara.

Traxectoria Despois de rematar os estudos no Conservatorio de Sofía, comezou a ensinar Canto. O seu debut chegaría o 27 de decembro de 1967, como Abigaille, no Nabucco, de Verdi, nunha produción da Ópera Nacional de Bulgaria, a raíz de que outras dúas sopranos se tivesen retirado. Nas primeiras gravacións, a voz de Dimitrova aínda non tiña acadado a súa distintiva grandeza, e en moitas das primeiras producións de Nabucco o derradeiro dó sobreagudoNota que, na escala musical, corresponde á designada como dó6 (segundo o Índice acústico internacional), ou como dó5 (segundo o Índice acústico franco-belga) opcional é omitido na parte da cabaletta (Salgo già del trono aurato), nota musical que si incluiría en épocas posteriores da súa carreira, de tal xeito que se chegaría a converter nun referente para futuras intérpretes desa aria.

A súa voz de inmenso caudal fíxoa favorita de audiencias internacionais nos roles de Abigaille e Turandot (en Turandot, de Puccini), causando sensación con este rol en Treviso, en 1975.

Outros papeis importantes foron Floria Tosca, en Tosca, de Puccini; Odabella (en Attila), Giselda (en I Lombardi alla prima crociata), Alzira (en Alzira), Elisabeth de Valois (en Don Carlos), Leonora (en Oberto, Conte di San Bonifacio), Lady Macbeth (en Macbeth), Elvira (en Ernani), Aida, e tamén Amneris (en Aida), de Verdi; Maddalena, en Andrea Chénier, de Giordano; Santuzza, en Cavalleria rusticana, de Mascagni; e a Gioconda, en La Gioconda de Ponchielli.

Cantou principalmente en Italia destacándose na Scala de Milán, Xénova e na Arena de Verona onde foi favorita do público; tamén no Teatro Colón de Buenos Aires durante cinco anos consecutivos (1975-1979) con tardíos debuts en Viena (1978), Salzburgo (1984), Londres (1983) e Nova York(1987).

Considerada un heroína nacional no seu país, morreu en Milán aos 64 anos onde no seu momento se tiña perfeccionado con Gina Cigna.

Discografía de referencia

Puccini, Turandot. Arena de Verona, 1983 Dir.: Franco Zefferelli (DVD) Puccini, Turandot. Teatro da Ópera de Xénova, 1980 Dir.: Daniel Oren Verdi, Aida (Amneris). Teatro alla Scala, de Milán, 1985 Dir.: Lorin Maazel (DVD) Verdi, I Lombardi alla prima crociata. Teatro alla Scala, de Milán, 1984 Dir.: Gianandrea Gavazzeni (DVD) Verdi, Oberto, conde de San Bonifacio. Estudio 1 da Radio de Baviera (Múnic), 1983 Dir.: Lamberto Gardelli Verdi, Nabucco. Arena de Verona, 1981 Dir.: Maurizio Arena (DVD) Verdi, Nabucco. Teatro alla Scala, de Milán, 1985 Dir.: Riccardo Muti (DVD) Verdi, Nabucco, Ópera Alemá de Berlín, 1983 Dir.: Giusseppe Sinopoli Puccini e Verdi Opera Arias. Orquestra Philharmonia de Londres/Orquestra da Radio de Mónaco, 1984 Dir.: Anton Guadagno, Lamberto Gardelli

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial Dimitrova en Turandot, na Arena de Verona, 1983 Dimitrova en Nabucco, no Teatro alla Scala de Milán, 1986 Obituario no New York Times Obituario en The Guardian Obituario en The Independent UK Pequeno documental Ghena Dimitrova Dimitrova en Nabucco, na Arena de Verona, 1981

Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Bulgaria Categoría:Personalidades de Bulgaria Categoría:Sopranos