Coral Rodríguez Fouz, nada na Coruña en 1969, é unha política galega do Partido Socialista de Euskadi.
Traxectoria En 1976 marchou coa súa familia a vivir a Éibar. En 1994 foi elixida concelleira nese municipio, e en 1995 rematou estudos de medicina en 1995. Preparando o MIR foi elixida para o Senado por Guipúscoa. Deixou a medicina para adicarse á política.
É sobriña e afillada de Humberto Fouz, un irmán da súa nai desaparecido o 24 de marzo de 1973 aos 29 anos no País Vasco francés xunto a dous amigos, Fernando Quiroga Veiga e Jorge García Carneiro, vítimas de ETA.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Desaparición de tres mozos galegos en Saint-Jean-de-Luz
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Senadores de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes