Marie-Rose Armesto, nada o 19 de marzo de 1960 no Saviñao e finada o 23 de xaneiro de 2007, foi unha xornalista belga de orixe galega.

Traxectoria Cando tiña 8 anos emigrou coa súa familia a Bélxica. Estudou a carreira de xornalismo na Universidade Libre de Bruxelas e, en 1982, comezou a traballar na radio na cadea Radio Contact . En setembro de 1987, uniuse a RTL-TVI, na que chegou a ser reporteira xefe xunto con Jean-Pierre Martin con que casou en 1984.

Como reporteira da cadea viaxou por todo o mundo: Alxeria, Bosnia, Afganistán, Ruanda, Chechenia ou Albania.

Foi unha muller comprometida que, en xullo de 1995, trala caída de Srebenica e o asedio de Saraievo, no conflito de Bosnia, organizou unha cadea humana arredor do edificio Berlaymont, sé da Comisión Europea, para denuncia-la pasividade dos europeos fronte a guerra e a limpeza étnica en Bosnia-Hercegovina. Tamén prestou atención á difícil situación dos desaparecidos en Chile e ás vítimas do xenocidio en Ruanda. Tamén caracterizou ao terrorismo de inspiración islámica como un novo fascismo.

Participou no lanzamento de Reporteiros sen fronteiras, e entrevistou a figuras internacionais como Laura Bush ou Fidel Castro.

En 2002, publicou Son mari a tué Massoud, un libro baseado nunha entrevista coa esposa dun dos asasinos do caudillo afgán Ahmad Shah Massoud.

Faleceu de cancro aos 46 anos. En 2012, RTL creou tres bolsas co seu nome para estudantes de xornalismo.

Obra

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Regulamento da bolsa de xornalismo Marie-Rose Armesto

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Xornalistas de Bélxica Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados por cancro