Vance DeVoe Brand, nado en Longmont, Colorado o 9 de maio de 1931, foi un piloto de probas e astronauta estadounidense que participou nas misións ASTP, STS-5, STS-41-B e STS-35. Pasou un total de 31,08 días no espazo. Traxectoria Está graduado en enxeñaría aeronáutica en 1960 e un grao en administración de empresas por UCLA en 1964.
Foi un dos 19 astronautas seleccionado pola NASA en abril de 1966 e serviu como apoio nas misións Apollo 8 e Apollo 13. Formou parte da tripulación suplente do Apollo 15 e as misións Skylab 3 e Skylab 4. Formou parte das misións ASTP, STS-5, STS-41-B e STS-35.
Véxase tamén
Outros artigos ASTP. STS-5. STS-41-B. STS-35. Ligazóns externas
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Colorado Categoría:Nados en 1931