O aeroporto internacional de Xohanesburgo-O.R. Tambo é un grande aeroporto internacional situado en Kempton Park, a 22 quilómetros ao leste do centro de Xohanesburgo e a 40 ao sur de Pretoria. É o principal aeroporto de Suráfrica, tanto para voos domésticos como para internacionais, e é o aeroporto máis concorrido de África cunha capacidade para encargarse de 28 millóns de pasaxeiros cada ano. O aeroporto é o centro de conexións para a aeroliña máis grande do país, South African Airways (SAA), e para varias aeroliñas locais máis pequenas. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións máis de 20 millóns de pasaxeiros.
Orixinalmente foi coñecido como aeroporto internacional Jan Smuts, polo antigo primeiro ministro de Suráfrica Jan Smuts. En 1994 foi renomeado como aeroporto internacional de Xohanesburgo cando o novo goberno do país puxo en funcionamento unha política de non poñer nomes de políticos aos aeroportos. Porén, a política foi eliminada posteriormente e o aeroporto foi rebautizado novamente o 27 de outubro de 2006 na honra de Oliver Reginald Tambo, antigo presidente do Congreso Nacional Africano.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Xohanesburgo