O amor ten dúas caras (en ) é un filme estadounidense de comedia romántica producido, dirixido e protagonizado por Barbra Streisand que se estreou en 1996. O guión de Richard LaGravenese está vagamente baseado no filme francés de 1958 Le Miroir a deux faces, escrito por André Cayatte e Gérard Oury. No filme tamén aparecen os actores Jeff Bridges, Pierce Brosnan, George Segal, Mimi Rogers, Brenda Vaccaro e Lauren Bacall.

Streisand, Marvin Hamlisch, Robert John "Mutt" Lange e Bryan Adams compuxeron o tema principal do filme, "I Finally Found Someone".

Personaxes Barbra Streisand como Rose Morgan-Larkin Jeff Bridges como Gregory Larkin Lauren Bacall como Hannah Morgan George Segal como Henry Fine Mimi Rogers como Claire Morgan Pierce Brosnan como Alex Brenda Vaccaro como Doris Austin Pendleton como Barry Elle Macpherson como Candice Taina Elg como Professor Andrew Parks como Camareiro Leslie Stefanson como Sara Myers

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Barbra Streisand Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1996 con versión en galego