miniatura|Mulleres tibetanas rezando na porta da casa. A historia das mulleres é un enfoque histórico crítico coa historia tradicional e vinculado ao xurdimento do movemento feminista e o feminismo académico. A historia das mulleres recupera o papel das mulleres na historia, un papel ocultado polos mecanismos que desenvolveu historicamente o patriarcadoe o fenómeno conceptualizado como criptoxinia no ano 2020. Ademais da recuperación do papel das mulleres en diversas clases sociais e momentos históricos, o enfoque de xénero da historia trata de desentrañar os mecanismos opresivos que produciron as desigualdades. Para iso utiliza o xénero como categoría de análise, tal e como propuxo a historiadora Joan Scott en 1986, co dobre obxectivo de recuperar o papel desempeñado polas mulleres ao longo da historia, e coñecer os mecanismos de poder patriarcais, estes estudos históricos abordaron, por unha banda, perspectivas estruturalistas ou propias da historia social (traballo, institucións, política tradicional, clase social, movementos políticos, parentesco, etc). Por outra, veñen desenvolvendo tamén enfoques históricos posestruturalistas máis baseados na análise de discursos e representacións, do corpo, a construción da dicotomía feminidade/masculinidade e a subxectividade ou a produción de saberes e ciencia. Novos campos emerxentes na actualidade son os estudos sobre a sexualidade (orientacións sexuais, historia queer) as prácticas de sociabilidade (amizade, lecer) ou a historia das emocións ou sentimentos. Estas áreas de investigación situaríanse dentro do que tradicionalmente se chamou historia cultural.

A historia das mulleres ou do xénero non son dúas ramas segregadas posto que o obxectivo da tarefa investigadora é común: desentrañar as razóns históricas das desigualdades e dicotomías sexo/xénero e o funcionamento do patriarcado como réxime opresivo. Como outras áreas dentro dos Estudos das mulleres ou de xénero a metodoloxía de investigación é interdisciplinar, tomando enfoques da teoría feminista, a crítica literaria, a historia cultural, a socioloxía ou a antropoloxía críticas e feminista.

No século XXI, as investigadoras analizan as mulleres en situacións ominosas do pasado, do máis afastado e tamén do recente, a construción da cidadanía e a lexitimación e igualación da filiación, o significado do asociacionismo feminino. ««HISTORIA, HISTORIOGRAFÍA Y GÉNERO. NOTAS PARA LA MEMORIA DE SUS VÍNCULOS EN LA ARGENTINA»» (PDF). p. 53. Consultado o 05/05/2017. miniatura|Presidenta fundadora do primeiro colexio de mulleres no estado de Durango. Loita pola igualdade de xénero e pola actualización xurídica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A muller na Antiga Grecia Estudos de xénero Feminismo Movemento feminista Sufraxio feminino Joan Wallach Scott

Bibliografía Pallarés, Mª Carmen (2003): A vida das mulleres na Galicia Medieval (1100-1500). Santiago de Compostela.

Categoría:Historia social Categoría:Historia das mulleres