STS-46 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 31 de xullo de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-46, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita do satélite recuperable europeo EURECA, con 15 exprimentos a bordo e recuperado máis tarde pola misión STS-57, e despregar o TSS 1, un satélite atado por un cable á bodega de carga do transbordador para xerar enerxía a partir do campo magnético terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Loren J. Shriver, o piloto Andrew M. Allen, os especialistas de misión Jeffrey A. Hoffman, Franklin R. Chang-Diaz, Claude Nicollier e Marsha S. Ivins e o especialista de carga Franco Malerba.

EURECA foi despregado sen problemas, pero TSS 1 fallou ao romperse o cable entre o satélite e o transbordador. A tripulación fixo ademais varios experimentos a bordo, entre eles EOIM III, TEMP 2A, CONCAP II, LDCE, PHCF e UVPI. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 8 de agosto de 1992.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS