Manuel Uhía Lima, ou Manolo Uhía, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de xuño de 1944, e residente en Vigo, é un pintor, ilustrador e escritor de literatura infantil, galego.

Traxectoria Estudou debuxo, pintura e escultura na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde tivo como profesores a Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez.Manuel Uhía na Biblioteca Virtual Galega.

Traballou para Alfaguara, Anaya, Bosquil Ediciones, Bruño, Casals, Edebé, Edelvives, Everest, Galaxia, Planeta/Oxford, Siruela, SM, axencia Vitruvio Leo Burnett, Edicións Xerais de Galicia e Xunta de Galicia.

Obra literaria Obra propia son os seguintes títulos: Pinturiño, 1996, Edelvives. O rato que lle puxo o cascabel ó gato, 1998, Bruño. ¡Piratas na buguina!, 2000, Everest. O anel, 2001, Casals. Evaristo, un corvo moi listo, 2002, Everest. O paraestrelas, 2003, Edelvives. O loro adiviño, 2004.O loro adiviño. Texto íntegro O caracol sen sol, 2005, Everest. O autobús da selva, 2008, Tambre, despois traducido ao catalán. Medusiña e familia, 2009, Everest. O monstro das profundidades, 2012, Everest.

Así mesmo, ilustrou máis dun cento de libros de, entre outros autores, An Alfaya, Roberto Aliaga, Xosé María Álvarez Blázquez, Xoán Babarro, Concha Blanco, Paula Carballeira, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Xosé Cermeño, Jean-Marie Gustave Le Clézio, Juan Farias, Ana María Fernández Martínez, Francisco Xosé Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Xosé Lois García Fernández, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Úrsula Heinze, Joseph Joffo, Xabier López, Manuel Lourenzo González, Lourdes Maceiras, Paco Martín, Xosé Miranda, Serafín Moralejo, María Victoria Moreno, Uxío Novoneyra, Antonio Reigosa, Clara do Roxo, Gloria Sánchez, Domingo Tabuyo Romero e Michel Tournier.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

e (1981). Plástica Gallega. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3. (2013). Ilustradores españoles: dibujos, formas y colores que harán tu vida más bella. Lunwerg. ISBN 978-84-9785-956-1.

Ligazóns externas Bibliografía sobre Manuel Uhía

Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1944 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes