Stefanie Maria Graf, nada en Mannheim, República Federal Alemá o 14 de xuño de 1969 é unha ex xogadora de tenis alemá. É amplamente considerada por diversos medios e especialistas como unha das mellores tenistas da historia.https://deportistasdeleyenda.blogspot.com.ar/2012/11/steffi-graf-la-mejor-raqueta-femenina.htmlhttp://www.mundodeportivo.com/20130619/tenis/steffi-graf-la-princesa-del-tenis_54376092890.htmlhttp://www.puntodebreak.com/2016/07/09/serena-mejor-tenista-historia Foi Campioa Mundial en 7 ocasións pola ITF: 1987, 1988, 1989, 1990, 1993, 1995 e 1996. En 1999 a Associated Press nomeouna "Mellor Tenista do Século XX".

Ostenta as marcas de 377 semanas totais como número 1 da clasificación WTA e 186 en forma consecutiva (compartido coa xogadora norteamericana Serena Williams), finalizando nesa posición en 8 tempadas: 1987, 1988, 1989, 1990, 1993, 1994, 1995 e 1996.

Gañou 22 títulos individuais de Grand Slam entre 1987 e 1999. Catro veces no Aberto de Australia, seis en Roland Garros, sete en Wimbledon e cinco nos Estados Unidos. En 1988 converteuse na primeira e única muller (e tenista, en xeral) en gañar o verdadeiro Golden Slam: derrotou a Chris Evert no Aberto de Australia, a Natasha Zvereva en Roland Garros, a Martina Navrátilová en Wimbledon, a Gabriela Sabatini no Aberto dos Estados Unidos e novamente a Sabatini na final dos Xogos Olímpicos de Seúl. Tamén é a única tenista home ou muller en gañar como mínimo 4 veces cada un dos torneos de Grand Slam e en todas as superficies.

Graf gañou un total de 107 torneos WTA, entre eles 18 Tier I e cinco WTA Tour Championships (ex Masters feminino), así como 11 torneos de dobres.

Está casada co tamén extenista e ex número un Andre Agassi, quen tamén conseguiu o Golden Slam, aínda que no total da súa carreira, non nun só ano como o fixo Steffi Graf.http://www.hola.com/famosos/2001/10/23/bodagrafagassi/

Torneos do Grand Slam (23; 22+1) miniatura|250x250px|Steffi Graf (Wimbledon 2009).

Individuais (22)

Títulos AnoTorneoOpoñenteResultado 1987 Roland Garros Martina Navrátilová 6-4, 4-6, 8-6 1988 Aberto de Australia Chris Evert 6-1, 7-6 1988 Roland Garros (2) Natasha Zvereva 6-0, 6-0 1988 Wimbledon Martina Navrátilová 5-7, 6-2, 6-1 1988 Aberto dos Estados Unidos Gabriela Sabatini 6-3, 3-6, 6-1 1989 Aberto de Australia (2) Helena Suková 6-4, 6-4 1989 Wimbledon (2) Martina Navrátilová 6-2, 6-7, 6-1 1989 Aberto dos Estados Unidos (2) Martina Navrátilová 3-6, 7-5, 6-1 1990 Aberto de Australia (3) Mary Joe Fernández 6-3, 6-4 1991 Wimbledon (3) Gabriela Sabatini 6-4, 3-6, 8-6 1992 Wimbledon (4) Monica Seles 6-2, 6-1 1993 Roland Garros (3) Mary Joe Fernández 4-6, 6-2, 6-4 1993 Wimbledon (5) Jana Novotná 7-6, 1-6, 6-4 1993 Aberto dos Estados Unidos (3) Helena Suková 6-3, 6-3 1994 Aberto de Australia (4) Arantxa Sánchez Vicario 6-0, 6-2 1995 Roland Garros (4) Arantxa Sánchez Vicario 7-5, 4-6, 6-0 1995 Wimbledon (6) Arantxa Sánchez Vicario 4-6, 6-1, 7-5 1995 Aberto dos Estados Unidos (4) Monica Seles 7-6, 0-6, 6-3 1996 Roland Garros (5) Arantxa Sánchez Vicario 6-3, 6-7, 10-8 1996 Wimbledon (7) Arantxa Sánchez Vicario 6-3, 7-5 1996 Aberto dos Estados Unidos (5) Monica Seles 7-5, 6-4 1999 Roland Garros (6) Martina Hingis 4-6, 7-5, 6-2

Finalista (9) AnoTorneoOpoñenteResultado 1987 Wimbledon Martina Navrátilová 7-5, 6-3 1987 Aberto dos Estados Unidos Martina Navrátilová 7-6, 6-1 1989 Roland Garros Arantxa Sánchez Vicario 7-6, 3-6, 7-5 1990 Roland Garros (2) Monica Seles 7-6, 6-4 1990 Aberto dos Estados Unidos (2) Gabriela Sabatini 6-2, 7-6 1992 Roland Garros (3) Monica Seles 6-2, 3-6, 10-8 1993 Aberto de Australia Monica Seles 4-6, 6-3, 6-2 1994 Aberto dos Estados Unidos (3) Arantxa Sánchez Vicario 1-6, 7-6, 6-4 1999 Wimbledon (2) Lindsay Davenport 6-4, 7-5

Dobres (1) AnoTorneoParellaAdversariosResultado 1988 Wimbledon Gabriela Sabatini Larisa Neiland Natasha Zvereva 6-3, 1-6, 12-10

Finalista (3) AnoTorneoParellaAdversariosResultado 1986 Roland Garros Gabriela Sabatini Martina Navrátilová Andrea Temesvari 6-1, 6-2 1987 Roland Garros (2) Gabriela Sabatini Martina Navrátilová Pam Shriver 6-2, 6-1 1989 Roland Garros (3) Gabriela Sabatini Larisa Neiland Natasha Zvereva 6-4, 6-4

Torneos WTA (118; 107+11)

Individuais (107) Lenda Tier I (16) Tier II (29) Tier III (9) Tier IV (8) VS (17) Grand Slam (22) WTA Tour Championship (5) Ouro Olímpico (2)