Un emirato (árabe: إمارة imāra, plural: إمارات imārāt) é un territorio político baixo a administración dun emir, sendo un tipo de monarquía característica de Oriente Medio e o Mundo Árabe. En árabe, o termo pode ser xeneralizado a unha provincia ou país que é administrado por un membro da clase dominante.

Desde un punto de vista histórico, un emirato é unha unidade político-relixiosa menor que un califato, sendo a Península Ibérica o primeiro territorio onde un emirato se converteu, autoproclamándose, nun califato.

Algúns equivalentes do termo poden ser os principados no mundo occidental e os beilicatos do antigo Imperio Otomán.

Lista de emiratos Emiratos actuais Na actualidade, existen varias unidades políticas correspondentes a emiratos na península arábiga. Destes, dous son estados independentes e sete forman unha confederación de emiratos, os Emiratos Árabes Unidos.

400px|dereita , emirato independente desde 1971. , emirato independente desde 1961. , confederación de emiratos, desde 1971. Composto por: 25px Abu Zabi 25px Axman 25px Dubai 25px Fujairah 25px Ras Al-Khaimah 25px Sharjah 25px Umm al Qaywayn

Emiratos históricos , emirato de 1971 a 2002, actualmente reino. Emirato de Córdoba, 756-929 Emirato de Granada, 1238-1492

Notas

Categoría:Emiratos