A VG-1.4 ou Variante de Sardiñeiro (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Cee e Sardiñeiro (Fisterra); atravesa os concellos de Cee e Fisterra. Ten unha lonxitude de 4,86 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-552 en Cee e finaliza nun cruzamento coa AC-445 en Sardiñeiro (Fisterra).

Percorrido

Inicia na rotonda da estrada AC-552 no lugar de Lobelos (parroquia da Pereiriña do concello de Cee), e termina na rotonda da estrada AC-445 na parroquia de Sardiñeiro (concello de Fisterra) sen ligazóns en todo o percorrido.

Historia

As primeiras obras iniciaron en setembro de 2008 e inauguraron en novembro de 2011 como unha alternativa de evitar as travesías de Cee e Corcubión co rodeo duns 8,8 quilómetros a través das estradas AC-552 e AC-445.

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Lobelos - Sardiñeiro 4,9 2011

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Cee Categoría:Fisterra Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes