As illas ABC é o nome coloquial para as illas de Alasca de Almirantado, Baranof, e Chichagof na parte norte do arquipélago Alexander, todas son parte do Bosque nacional de Tongass. As illas son coñecidas pola súa natureza silvestre, incluíndo unha densa poboación de osos pardos.
A maior parte da superficie das illas está protexida polo goberno federal. A cidade de Sitka ten o seu centro urbano na costa oeste da illa de Baranof. Fóra de Sitka, nas illas soamente hai unha industria e presenza humanas mínimas, a pesar do feito de que o Almirantado (7ª), Baranof (10ª) e Chichagof (5ª) están entre as illas máis grandes dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Almirantado Baranof Chichagof
Categoría:Arquipélago Alexander Categoría:Illas dos Estados Unidos de América