Johann Weyer (tamén coñecido como Johannes Weier e Johann Wier; en español: Juan Wiero; en latín: Ioannes Wierus ou Piscinarius), nado entre o 24 de febreiro de 1515 ou 24 de febreiro de 1516 en Grave, cidade do ducado de Brabante nos Países Baixos dos Habsburgo, e finado o 24 de febreiro de 1588, en Tecklenburg, Alemaña, foi un médico, ocultista e demonólogo holandés.
Foi discípulo e seguidor de Heinrich Cornelio Agrippa, con quen estivo en 1527 en Antuerpen. Cando este foi obrigado a abandona-la cidade, entre 1531-1532,Weyer abandonouna tamén dirixíndose a Bonn. Posteriormente, estudou medicina en París e Orleáns.
Foi un dos primeiros en escribir e publicar contra a persecución das bruxas. O seu traballo máis influente foi De Praestigiis Daemonu et Incantationibus C.a. Venificiis (Sobre as ilusións dos demos e de feitizos e velenos) editado en 1563. O seu traballo inclúe Pseudomonarchia daemonum (O falso reino dos demos), un apéndice a De Praestigiis Daemonum, editado en 1577.
Escribiu en francés un libro editado en París en 1579, no que recollía tódalas opinións contrarias á realidade dos actos atribuídos ás bruxas, e mesmo aos demos. Segundo Julio Caro Baroja, Weyer "nega que o mesmo Demo poña o seu poder ao servizo destas [as supostas bruxas] e que, por tanto, se verifiquen realmente os seus propósitos e que teña lugar o pacto de mutuo acordo. O Demo o único que fai é enganalas, apoderándose do seu espírito. Agora ben, compréndese que para isto escolla á xente máis propicia, ou sexa os débiles, melancólicos, ignorantes, maliciosos, etc. E como estes abundan máis entre as mulleres que entre os homes, é natural tamén que entre elas haxa máis captadas".
Edicións das obras De praestigiis Daemonum ... Libri V. Basilea: Oporinus, 1563 . De praestigiis Daemonum ... Libri V. Basilea: Oporinus, 1566. Medicarum observationum rararum Liber I. Basilea: Oporinus, 1567 De lamiis liber. Basilea: Oporinus, 1577. De praestigiis Daemonum ... Libri 6. Basilea, 1577. De Praestigiis Daemonum, & incantationibus ac veneficiis Libri sexo, postrema editione sexta aucti & recogniti. Basilea: Oporinus, 1583. Opera Omnia. Ámsterdam: Peter Vanden Berge, 1660.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Bruxaría Categoría:Finados en 1588 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Ocultistas Categoría:Ocultismo