Andrés Suárez Otero, nado en Ferrol o 16 de abril de 1983, é un cantautor galego en lingua castelá.
Traxectoria Con dez anos de idade montou o seu primeiro grupo na súa cidade natal, Ferrol. Dende entón pasou por distintos grupos de pop e rock até viaxar a Santiago de Compostela. Alí fíxose cantautor, actuou polos locais da zona vella e gravou o seu primeiro disco, De ida, cunha distribución de case tres mil copias e que o levou de xira por todo o país.
No ano 2006 gañou o Certamen de Jóvenes Cantautores Burgos, o primeiro premio á mellor letra no certame Cantautores Elche e, tamén á mellor letra, no Certame Descubre la Región de Murcia de Madrid. Ademais, logrou o segundo premio no Certame Marcilla Trovadora de Navarra, e o terceiro premio no Certame Alameda de Málaga.
Discografía De ida Maneras de romper una ola (2008) - Produción: Tontxu Piedras y charcos (EP) (2010) Cuando vuelva la marea (2011) Moraima (2013) Mi pequeña historia (2015) Desde una ventana (2017) Andrés Suárez (2020)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Andrés Suárez .
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantautores de Galicia