miniatura|Thomas Combe nunha fotografía tomada o 30 de xuño de 1860 Thomas Combe, nado en 1796 e finado o 30 de xuño de 1872, foi un impresor, editor e mecenas das artes inglés. Traballou como impresor na editora universitaria Oxford University Press e foi tamén o fundador e benfeitor da igrexa de San Bernabé (St Barnabas Church) de Oxford.Hibbert, Christopher (ed.). "St Barnabas, Church of". En The Encyclopaedia of Oxford. Macmillan. 1988. Páxinas 378 e 379. ISBN 0-333-39917-X (En inglés)
Traxectoria Thomas Combe era fillo dun impresor do mesmo nome finado cara a 1836, que tamén tiña unha libraría e era propietario dun xornal en Leicester. Despois de traballar co seu pai e como empregado noutros traballos similares en Oxford, emprendeu os seus propios negocios no ámbito editorial. En 1826 formou parte dunha sociedade en Londres, pero antes da fin do ano regresou a Leicester para retomar os negocios familiares (baixo o nome de T. Combe and Son entre 1826 e 1835).
Despois da morte do seu pai trasladouse a Oxford e pasou a formar parte de Oxford University Press (ou Clarendon Press) en 1837, da que, logo de adquirir partes do negocio desde o ano seguinte, chegou a ser socio principal en 1851.Historia da igrexa de San Bernabé en liña . (En inglés) Como resultado, manexou unha fortuna considerable.
El e a súa muller Martha (1806-1893) exerceron como mecenas des artistas, particularmente dos prerrafaelistas. En 1849 coñeceu en Oxford a John Everett Millais, quen pintou retratos de varios membros da familia de Combe."John Everett Millais ". En Tate.org.uk. (En inglés) Eran tamén partidarios do chamado Movemento de Oxford. miniatura|Placa en lembranza do matrimonio Combe, na igrexa de San Bernabé, en Oxford Combe morreu o 30 de xuño de 1872 e foi enterrado no cemiterio do Santo Sepulcro, de Oxford. A súa viúva mantivo e agrandou a súa colección de arte prerrafaelista e, tras a súa morte en 1893, a parte máis importante da colección foille legada á Universidade de Oxford e hoxe está no Museo Ashmolean.
Unha placa na parede exterior da igrexa de San Bernabé conmemora as figuras de Thomas Combe e a súa muller Martha cando fundadores e benfeitores da igrexa.Warr, Elizabetz Jean. The Oxford Plaque Guide. Stroud, Glocestershire: The History Press. 2011. Páxinas 39 a 41. ISBN 978-0-7524-5687-4 (En inglés)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Thomas Combe" en Oxford Dictionary of National Biography. (En inglés) "Thomas Combe" en Mcmullen Rigg, James. Dictionary of National Biography. 1885-1990. Volume 1. (En inglés) "Thomas Combe (1796-1872). Martha Combe (1806-1893)". En Oxfordshire Blue Plaques Scheme. (En inglés) Notas sobre o sepulcro do matrimonio Combe. (En inglés)
Categoría:Nados en 1796 Categoría:Finados en 1872 Categoría:Persoas relacionadas co museo Ashmolean Categoría:Editoriais do Reino Unido