Os piroxenos (/piroksenos/) son un importante grupo de minerais inosilicatos que forman parte de moitas rochas ígneas e metamórficas.pyroxene: Origin and occurrence, Encyclopedia Britannica Academic Edition (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. O seu nome procede das palabras gregas "pyros" 'lume' e "xenos" 'estraño'.pyroxene, Encyclopedia Britannica Academic Edition (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013. Este nome deullo René Just Haüy debido a que este consideraba a súa presenza nas lavas como algo alleo a elas, é dicir, impurezas que resistiran o lume.
Características químicas e físicas
Teñen unha estrutura común que consiste en cadeas simples de tetraedros de sílice. A súa fórmula xeral é XY(Si, Al)2O6, onde "X" representa calcio, sodio, ferro2+, manganeso, litio ou magnesio, e "Y" representa ións de menor tamaño como o cromo, aluminio, ferro2+, ferro3+, magnesio, manganeso ou titanio. Entre os diferentes piroxenos segundo a súa química existe unha gran cantidade de miscibilidade. As variedades ricas en ferro, magnesio e calcio son as máis comúns.
Teñen brillo vítreo. Son inalterables polo ácido clorhídrico. Os piroxenos con ferro son escuros, os que carecen deste elemento adoitan ser abrancazados, grises ou de cor verde clara. Os piroxenos adoitan aparecen en forma prismática ou como pequenas agullas.pyroxener Den Store Danske Encyklopædi (en danés). Consultado o 15 de xaneiro de 2013. Na súa aparencia e química teñen un parecido aos anfíbolos pero os piroxenos diferéncianse por carecer de hidroxilo (OH) na súa estrutura cristalina e carecer do sitio "A" dos anfíbolos polo cal non poden acomodar grandes elementos alcalinos.pyroksener Store norske leksikon . Consultado o 9 de xaneiro de 2013. Outra diferenza máis fácil de detectar é que os piroxenos teñen un plano de exfoliación aproximadamente en 93° e 87°, mentres que os anfíbolos téñeno en 56° e 124°.amphibole: Crystal structure, Encyclopedia Britannica Academic Edition (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
Segundo a súa simetría os piroxenos subdivídense en ortopiroxenos, que son ortorrómbicos, e clinopiroxenos, que son monoclínicos.
Clasificación
350px|miniatura|O cuadrilátero dos piroxenos ilustra a nomenclatura das solucións sólidas dos piroxenos de calcio, magnesio e ferro. O grupo dos piroxenos comprende dous subgrupos, dependendo do sistema de cristalización. Os clinopiroxenos cristalizan no sistema monoclínico (como a auxita, o diópsido e a espodumena), mientres que os ortopiroxenos fano no ortorrómbico (como a broncita, a enstatita e a hiperstena).Mindat.org - Pyroxene group
Clinopiroxenos {|border="1" align="" style="background:white" |- ! Nome do mineral||fórmula química |- |align="center"|Exirina||NaFe3+Si2O6 |- |align="center"|Auxita||(Ca, Mg, Fe)2(Si, Al)2O6 |- |align="center"|Clinoenstatita||MgSiO3 |- |align="center"|Clinoferrosilita||Fe2+SiO3 |- |align="center"|Diópsido||CaMgSi2O6 |- |align="center"|Esseneita||CaFe3+AlSiO6 |- |align="center"|Grossmanita||CaTi3+AlSiO6 |- |align="center"|Hedenbergita||CaFe2+Si2O6 |- |align="center"|Xadeíta||NaAlSi2O6 |- |align="center"|Jervisita||NaScSi2O6 |- |align="center"|Johannsenita||CaMn2+Si2O6 |- |align="center"|Kanoíta||MnMg(SiO3)2 |- |align="center"|Kosmoclor||NaCrSi2O6 |- |align="center"|Kushiroita||CaAl(AlSiO6) |- |align="center"|Namansilita||NaMn3+Si2O6 |- |align="center"|Natalyita||NaV3+Si2O6 |- |align="center"|Petedunnita||CaZnSi2O6 |- |align="center"|Pixeonita||(Mg, Fe, Ca)SiO3 |- |align="center"|Espodumena||LiAlSi2O6
Ortopiroxenos {|border="1" align="" style="background:white" |- ! Nome do mineral||fórmula química |- |align="center"|Donpeacorita||Mn2+Mg(SiO3)2 |- |align="center"|Enstatita||MgSiO3 |- |align="center"|Ferrosilita||(Fe2+)2(SiO3)2
miniatura|200px|Cristal de auxita nunha rocha plutónica.
Paraxénese
Os piroxenos forman parte de moitas rochas ígneas e metamórficas. En rochas ígneas os piroxenos fórmanse nos magmas a temperaturas de 1000 a 1300 °C, e son unha das primeiras fases en cristalizar.pyroxener, Nationalencyklopedin . Consultado o 10 de xaneiro de 2013. A súa rápida meteorización fai que non adoiten formar parte de rochas sedimentarias. Algunhas das rochas ígneas nas que son frecuentes os piroxenos son o basalto, o gabro e a peridotita.
En sistemas ígneos pódese formar enstatita cando a olivina presente nun magma entra en contacto con cuarzo ou o seu constituínte SiO2, compoñentes que non poden normalmente coexistir en equilibrio químico.olivine: crystal habit and form, Encyclopedia Britannica Academic Edition (en inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2013. Dita situación exprésase coa seguinte reacción química:
A onfacita, un piroxeno de sodio e aluminio, atópase soamente en ecloxitas, rochas que sufriron un metamorfismo de moi alta temperatura e presión. As ecloxitas que conteñen onfacita pódense encontrar en zonas de subdución exhumadas. En Suráfrica atopáronse nódulos de ecloxita con onfacita en peridotitas en chemineas de kimberlita.
O diópsido adoita encontrarse en rochas ricas en calcio, como a calcaria e a dolomía, que sufriron metamorfismo de contacto (tamén chamado metamorfismo térmico) ou metamorfismo rexional. En zonas de skarn o diópsido xérase por metamorfismo de contacto e está asociado á wollastonita, vesuvianita, grosularia e tremolita. A reacción química que xera diópsido durante o metamorfismo de contacto de rochas ricas en calcio é un proceso de descarbonatización que pode expresarse coa seguinte fórmula:
Outra variedade de piroxeno que se pode formar durante o metamorfismo de contacto é a hedenbergita, que aparece cando sedimentos ricos en ferro sofren este proceso.
Meteorización
A meteorización química do piroxeno produce minerais da arxila como produto final. Como os minerais da arxila son heteroxéneos, a composición de ditos minerais vai depender da composición inicial do piroxeno. Considérase que nas fases iniciais de meteorización están reguladas pola estrutura do piroxeno e que se producen biopiribolos complexos. Nun estudo particular observouse a transformación de piroxeno en estruturas similares a talco con ferro. No mesmo estudo púidose ver que as estruturas similares a talco separábanse do ferro en etapas avanzadas de meteorización producindo óxidos de ferro e talco puro a escala microscópica.Taylor, G. y Eggleton, R.A. 2001. Regolith Geology and Gemorphology, p 150.
A meteorización e alteración da auxita pode producir tanto anfíbolos actinolíticos (uralíticos) coma clorita e máis raramente epidota e carbonatos. Os anfíbolos actinolíticos producidos pola alteración aparecen comunmente en forma de agregados de pequenos cristais prismáticos aínda que tamén máis infrecuentemente en forma dun só cristal. A alteración da auxita adoita iniciarse nos seus bordos ou nas zonas de exfoliación producindo pequenas áreas con piroxeno destinguido con diminutas placas de anfíbolo.Deer, W.A., Howie, R.A. y Zussman, J. Rock-Forming Minerals: Single-Chain Silicates. Segunda Edición (1978). p. 352.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación Mineralóxica Internacional
Categoría:Silicatos