Alexander MacMillan (en ) nado o 3 de outubro de 1818 en Irvine (Ayrshire, Escocia), foi cofundador, xunto co seu irmán Daniel da editora Macmillan Publishers, en 1843. Proviña dunha familia de agricultores da illa de Arran."Macmillan Publishers Ltd." en Encyclopaedia Britannica. (En inglés)"Publishing: crofter's Crop ". En Time. 22 de xaneiro de 1951. (En inglés)

Traxectoria Como socio do seu irmán, Alexander ocupouse do desenvolvemento da reputación literaria da compañía mentres que Daniel se encargaba das cuestións máis burocráticas. miniatura|Logo da editora Macmillan and Co. extraído da obra de Leslie Stephen Alexander Pope (1880) A empresa, chamada orixinariamente Macmillan & Co., comezou sendo unha exitosa libraría en Cambridge, aínda que axiña os irmáns se decidiron a publicar os seus propios libros á parte de vendelos. Logo da morte de Daniel en 1857, Alexander continuou dirixindo a empresa en solitario; expandiuna internacionalmente, asinou un acordo de difusión con Oxford University Press e comezou coa publicación de revistas, entre as que cómpre salientar Nature, a revista científica máis prestixiosa. Macmillan encargoulle ao editor George Edward Brett para establecer a súa oficina en Nova York en agosto 1869 e contratou a compañía norteamericana Messrs. Pott & Amery para encargarse da mercadotecnia e a distribución dos libros da editorial.James, Elizabeth. Macmillan: A Publishing Tradition. Palgrave Macmillan. 2002. ISBN 0-333-73517-X.

Notas

Véxase tamén Bibliografía James, Elizabeth. Macmillan: A Publishing Tradition. Palgrave Macmillan. 2002. [ISBN 0-333-73517-X] Macmillan and Co. A bibliographical catalogue of Macmillan and Co.'s publications from 1843 to 1889. Macmillan. Londres, 1891. (En inglés) Morgan, Charles. The House of Macmillan (1843-1943). Macmillan. 1943.

Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Editoriais do Reino Unido