Carassius é un xénero de peixes cipriniformes da familia Cyprinidae. Son peixes de auga doce distribuídos orixinalmente no leste de Asia pero que foron introducidos en gran parte de Europa.

Morfoloxía A lonxitude máxima descrita foi de 64 cmKoli, L., (1990). «Suomen kalat. [Fishes of Finland]» Werner Söderström Osakeyhtiö. Helsinki. 357 pp. (en finés), tendo un corpo groso e un pedúnculo caudal curto e groso; algunhas especies presentan brillantes pigmentacións vermellas, alaranxadas ou crema prateadas, polo que adoitan recibir o nome xenérico de «peixes dourados».Scott, W.B. e E.J. Crossman, (1973). «Freshwater fishes of Canada». Bull. Fish. Res. Board Can. 184:1-966.

Hábitat Son peixes pertencentes ao bentos que habitan en lagos ricos en vexetación e ríos de augas lentas, de climas entre tépedos a tropicais. Adoitan ser omnívoros, alimentándose de plantas, detritos e pequenos invertebrados.Dulmaa, A., (1999). «Fish and fisheries in Mongolia». p. 187-236. En T. Petr (ed.) Fish and fisheries at higher altitudes: Asia. FAO Fish. Tech. Pap. No. 385. FAO, Roma. 304 p. Toleran ben o frío, a contaminación e os baixos niveis de osíxeno na auga, o que os fai idóneos para adornar estanques de parques humanizados.Vostradovsky, J., (1973). Freshwater fishes. The Hamlyn Publishing Group Limited, Londres. 252 p.

Acuario Algunhas especies son criadas en acuicultura para a súa comercialización como peixes de acuario ou de estanque.Kottelat, M., A.J. Whitten, S.N. Kartikasari e S. Wirjoatmodjo, (1993). «Freshwater fishes of Western Indonesia and Sulawesi». Periplus Editions, Hong Kong. 221 p. Poden vivir moito tempo mantidos en catividade, a marca é de 25 anosSkelton, P.H., (1993). «A complete guide to the freshwater fishes of southern Africa». Southern Book Publishers. 388 p. en grupos de 4 ou máis individuos con tamaño mínimo de acuario de 200 litros.Bundesministerium für Ernährung, Landwirtschaft und Forsten (BMELF), (1999). Gutachten über Mindestanforderungen an die Haltung von Zierfischen (Süßwasser). Bundesministerium für Ernährung, Landwirtschaft und Forsten (BMELF), Bonn, Alemaña. 16 pp.

Especies De acordo con FishBase, comprende as seguintes especies: Carassius auratus (Linnaeus, 1758) Carassius carassius (Linnaeus, 1758) Carassius cuvieri (Temminck e Schlegel, 1846) Carassius gibelio (Bloch, 1782) Carassius langsdorfii (Temminck & Schlegel, 1846) De acordo co Rexistro Mundial de Especies Mariñas, só comprende: Carassius carassius (Linnaeus, 1758) Carassius gibelio (Bloch, 1782) Carassius auratus (Linnaeus, 1758) representado como Carassius auratus auratus (Linnaeus, 1758). De acordo co Sistema Integrado de Información Taxonómica, comprende: Carassius auratus (Linnaeus, 1758) Carassius carassius (Linnaeus, 1758) Carassius cuvieri (Temminck e Schlegel, 1846) Carassius gibelio (Bloch, 1782)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Abramis brama Carpa vermella

Categoría:Peixes Categoría:Fauna de Asia Categoría:Fauna de Europa Categoría:Cipriniformes Categoría:Cyprinidae