Dánae recibindo a choiva de ouro é un cadro pintado no século XVI por Tiziano, e agora exposto no Museo do Prado.
Descrición Trátase dunha versión tardía, de cara a 1565, dun tema repetidamente tratado por Tiziano e o seu taller. Até data recente sobreentendíase que este cadro foi o que Filipe II encargou como parella doutro igualmente conservado no Prado: Venus e Adonis. Novas investigacións desvelaron que esta Dánae non pertenceu a Filipe II senón que foi adquirida por Velázquez en Italia cara ó ano 1630. A Dánae de Filipe II é outra que saíu da colección real española ó ser subtraída por Xosé Bonaparte. Agora consérvase en Londres (Apsley House, colección privada dos duques de Wellington).
Véxase tamén
Outros artigos Lista de obras de Tiziano
Bibliografía Cirlot, L. (dir.), Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páxs. 160-161 Monreal, L., Grandes Museos, vol. 1, Editorial Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (colección completa)
Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Obras pictóricas de 1565 Categoría:Obras pictóricas de Tiziano Categoría:Mitoloxía na arte