Brumado é un concello brasileiro no estado da Baía, na rexión Nordeste do País, a 555 quilómetros da capital estatal, Salvador. A súa área territorial é de 2 207,612 quilómetros cadrados, ocupando 2 174 quilómetros cadrados, e atópase a unha altitude de 454 metros.

A cidade é coñecida como a "Capital do Minério" por posuír no seu subsolo unha gran cantidade de minerais, que son a base da súa economía, e por acoller grandes empresas de minería que realizan as súas actividades extrativistas na Serra das Éguas, que por certo, tamén é un dos puntos turísticos do municipio, por formar paisaxes montañosas.

Xeografía Brumado ten como concellos limítrofes Livramento de Nossa Senhora, Dom Basílio, Aracatu, Rio de Contas, Malhada de Pedras, Tanhaçu, Ituaçu, Rio do Antônio, Lagoa Real e Caraíbas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades da Baía