Ochotona é un xénero de mamíferos lagomorfos da familia dos ocotónidos. É o único xénero da familia que persiste actualmente. As súas 30 especies actualmente viventes son coñecidas vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados coas lebres nin cos coellos, que forman parte doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).
A diferenza do xénero extinto Prolagus, as especies de Ochotona perderon o último molar superior.
Morfoloxía Presentan unha aparencia moi similar á das cobaias comúns. A súa dentadura presenta no maxilar catro incisivos, seis premolares e catro molares, e na mandíbula teñen dous incisivos, catro premolares e seis molares. A súa cola é tan curta que case nin se ve e o seu corpo está cuberto dun pelame denso e suave. Viven en comunidades bastante numerosas, tanto en chairos como en montes, e aliméntanse case exclusivamente de herbas. O nome de lebre asubiadora é debido a un asubío que emiten de cando en vez.
Distribución xeográfica En Europa coñécese unha soa especie, Ochotona pusillus, que tamén se atopa nalgunhas zonas de Asia. De feito, en Asia é o continente onde habitan máis especies deste xénero, aínda que tamén se atopan algunhas en Norteamérica.
Taxonomía
Descrición O xénero foi definido en 1795 polo naturalista alemán Heinrich Friedrich Link, en Beitr. Naturgesch., 2: 74.Ochotona Link, 1795 en MSW., que tomou como especie tipo a Ochotona minor, rebautizando a especie Lepus dauuricus Pallas, 1776 (hoxe coñecida como Ochotona daurica).
Sinónimos O xénero Ochotona coñeceuse tamén como:
Abra Gray, 1863 Abrama Strand, 1928 Argyrotona Rekovetz, 1988 Buchneria Erbajeva, 1988 Lagomys G. Cuvier, 1800 Lagotona Kretzoi, 1941 Ogotoma Gray, 1867 Tibetholagus Argyropulo & Pidoplichko, 1939 Tibetolagus Argyropulo, 1948
Etimoloxía O nome científico Ochotona deriva do nome mongol ochodona, co que os mongois denominan ás picas.Ochotona no Merriam-Webster Dictionary. e, no segundo caso, coa adición á raíz do nome xenérico o sufixo do latín científico -ĭidae, co que se forman os nomes das familias de animais.
Nome vulgar O nome común máis utilizado, pica, deriva da palabra piika, usada polos pobos tungús do leste de Siberia para designar a estes animais.pika no Online Etymology Dictionary, que comezou a usarse en inglés en 1827,pika no Merriam-Webster Dictionary. e de aí pasou aos demais idiomas europeos.
Especies miniatura|180x180px|Ochotona princeps. miniatura|Ochotona alpina.|180x180px miniatura|245x245px|Ochotona collaris.
Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes trinta especies:Ochotona Link, 1795 no ITIS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Scortecci, G. e outros (1969) Mamíferos. Ed. Vergara. Los animales. Cómo son, dónde viven, cómo viven, vol. 2 [Ed. española dirixida por Francisco García do Cid, coa colaboración de Enrique Balcells e Pedro Arté] . Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Ocotónidos Lebre Coello
Ligazóns externas The trek of the pika, .
Categoría:Lagomorfos