Xoán García Manrique, finado en Coímbra en 1416, foi un eclesiástico e home de estado castelán.
Traxectoria Segundo fillo de García II Fernández Manrique de Lara, que foi V señor de Amusco e adiantado maior de Castela, e de Urraca de Leyva.Descripción genealógica e histórica de la ilustre casa de Sousa, p. 102.
Foi arcediago de Talavera e bispo de Ourense baixo a protección do seu tío paterno o arcebispo de Toledo Gómez Manrique; á morte deste unha parte do cabido toledano elixiulle para ocupar a arquidiocese toledana, mentres a outra se decantou en favor de Pedro Cabeza de Vaca, mais o papa Gregorio XI resolveu a disputa nomeado para ese efecto a Pedro Tenorio.Enrique Flórez: España sagrada, vol. 17.Juan de Mariana: Historia general de España, libro XVII, cap. Juan García Manrique ocupou entón o bispado de Sigüenza, sendo á vez chanceler maior dos reis Henrique II e Xoán I; de alí pasou á diocese de Burgos, e desta foi promovido ao arcebispado de Santiago de Compostela, onde destacou como líder nos enfrontamentos armados habidos durante a crise de 1383-1385.Toribio Minguella: Historia de la diócesis de Sigüenza y de sus obispos , vol.Enrique Flórez: España sagrada, vol. 26Gil González Dávila: Teatro eclesiástico de las iglesias metropolitanas y catedrales de los reynos de las dos Castillas, vol.José Soares da Silva: Memorias para historia de Portugal, libro III, cap.
A finais do século XIV, posto a mal co arcebispo toledano Pedro Tenorio e descontento porque o rei castelán Henrique III recoñecese o papado de Aviñón, emigrou a Portugal, onde coa mediación do rei portugués Xoán I foi nomeado arcebispo de Braga e bispo de Coímbra.Rodrigo da Cunha: Historia ecclesiastica dos arcebispos de Braga, parte II, cap.Francisco Leitão Ferreira: Catalogo chronologico-critico dos bispos de Coimbra, pp. 134-139.
Notas
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Finados en 1416 Categoría:Nados no século XIV Categoría:Bispos da diocese de Ourense Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Bispos da diocese de Sigüenza Categoría:Arcebispos e bispos de Burgos