A LU-862 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades do Porto do Barqueiro (Mañón) e San Cibrao (Cervo); atravesa os concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo. Ten unha lonxitude de 30,06 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-862 no Porto do Barqueiro (Mañón) co límite provincial de Lugo e Coruña e finaliza nun cruzamento coa N-642 en San Cibrao (Cervo).
Percorrido
Comeza o seu trazado na ponte sobre a ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao (Cervo), uníndose á N-642.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Lugo Categoría:O Vicedo Categoría:Viveiro Categoría:Xove Categoría:Cervo