A AC-862 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Ferrol e O Porto do Barqueiro (Mañón); atravesa os concellos de Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cedeira, Ortigueira e Mañón. Ten unha lonxitude de 67,93 quilómetros e iníciase no leste de Ferrol e finaliza nun cruzamento coa LU-862 no Porto do Barqueiro (Mañón).
Percorrido
No seu trazado, atravesa o núcleo urbano de Narón, o barrio de Xuvia, e os núcleos urbanos de San Sadurniño e Ortigueira, entre outros lugares. Tras superar a entrada da vila do Barqueiro, unha ponte cruza o río Sor, logo do cal comeza a provincia de Lugo, onde a estrada cambia de nomenclatura, pasando a denominarse LU-862. Xa con esta denominación, conecta con Viveiro e termina o seu percorrido nos arredores de San Cibrao, no cruzamento coa estrada N-642.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Ferrol Categoría:Narón Categoría:Neda Categoría:San Sadurniño Categoría:Moeche Categoría:Cerdido Categoría:Cedeira Categoría:Ortigueira Categoría:Mañón