A LU-540 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Viveiro e Cabreiros (Xermade); atravesa os concellos de Viveiro, Ourol, Muras e Xermade. Ten unha lonxitude de 39,52 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-862 en Viveiro e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en Cabreiros (Xermade).
Percorrido
Comeza o seu trazado no centro do núcleo urbano da cidade de Viveiro, que une coa estrada LU-862. A estrada continua en dirección sur, cara a Ourol, atravesando a serra do Xistral no alto do porto da Gañidoira, para finalmente terminar na rotonda situada na parroquia de Cabreiros (Xermade), uníndose neste sitio á autoestrada autonómica, AG-64.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Lugo Categoría:Viveiro Categoría:Ourol Categoría:Muras Categoría:Xermade Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes