250px|miniatura|Tren da serie 121 na liña de alta velocidade Valladolid-León ao seu paso por Paredes de Nava (Palencia). A liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León é unha liña de alta velocidade que se estende entre a estación de Valladolid-Campo Grande e a estación de León pasando pola estación de Palencia. Constitúe parte do ramal norte/noroeste do ferrocarril de alta velocidade de España e inaugurouse o 29 de setembro de 2015, estando operativa para viaxeiros desde o día seguinte.
O trazado foi deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Cunha lonxitude total de 166,141 km e un novo trazado de 165,217 km (desde o cambiador clausurado de San Isidro, en Valladolid), consta de plataforma para vía dobre con ancho estándar (1435 mm), con tramos de vía dobre (80,967 km) e outros de vía única (84,250 km), e será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h.
Con esta liña dáse continuidade á LAV Madrid-Segovia-Valladolid e fai posible as futuras conexións cara a Asturias, Cantabria e Euskadi.
Características técnicas Lonxitude 166,141 km Ancho de vía UIC (1.435 mm) Electrificación 25 kV 50 Hz CA Velocidade máxima 350 km/h Sinalización ASFA dixital e ERTMS II Ancho plataforma 14 m Estacións 3 (Valladolid-Campo Grande, Palencia, León) Postos de adiantamento 1 (Villada) Postos de banalización 3 (Dueñas, Las Barreras, Las Arenas) Cambiadores de ancho 3 (Villamuriel, Vilecha, León-Clasificación)
Servizos Os servizos para viaxeiros comezaron o día 30 de setembro de 2015, cun total de 45 servizos semanais por sentido entre Madrid e León, máis os 21 entre Madrid e Santander, que circulan pola liña ata o cambiador de Villamuriel.
Circulan pola liña: 2 servizos AVE diarios entre Madrid e León (con trens da serie 112 de Renfe) 4 servizos Alvia ata Xixón (serie 130 de Renfe), un dos cales non entra en León nin efectúa parada en Palencia. 3 servizos Alvia ata Santander (serie 130 de Renfe) 1 servizo Alvia ata Ponferrada (serie 121 de Renfe) 1 servizo AV City ata León (serie 121 de Renfe).
Ata o ano 2018, cando se espera que funcione o sistema de bloqueo ERTMS, circúlase a unha velocidade máxima de 200 km/h. Así, o mellor tempo entre Madrid e León pasou das 2 horas e 41 minutos que había en 2010 ás 2 horas e 6 minutos da actualidade, cunha velocidade media de 164 km/h. Entre Madrid e Palencia pasouse da hora e 36 minutos á hora e 21, cunha media de 171 km/h. Este atraso na posta en servizo coa máxima velocidade débese, á súa vez e entre outros motivos, aos atrasos na construción do terceiro dos túneles ferroviarios Atocha-Chamartín (coñecidos como túneles da risa).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Adif
Categoría:Liñas de alta velocidade en España