Marc Bartra Aregall, nado en Sant Jaume dels Domenys (Tarragona) o 15 de xaneiro de 1991, é un futbolista profesional catalán que xoga como defensa central. Dende 2018 milita no Betis, da Primeira División.

Formouse no FC Barcelona, equipo no que xogou 103 partidos profesionais e marcou seis goles durante sete tempadas, gañando 13 títulos (5 ligas, 3 Copas do Rei, 2 Champions, 1 Supercopa de España, 1 Supercopa de Europa e 1 Mundial de Clubs). En 2016 fichou polo Borussia Dortmund por 8 millóns de euros.

É internacional coa selección española de 2013 e foi convocado para a Eurocopa 2016. Coa selección sub-21 foi campión de Europa en 2013.

Palmarés Barcelona Primeira División (5): 2009/10, 2010/11, 2012/13, 2014/15, 2015/16. Copa do Rei (3): 2011/12, 2014/15, 2015/16. Supercopa de España (1): 2013. Liga de Campións (2): 2010/11, 2014/15. Supercopa de Europa (1): 2015. Copa Mundial de Clubs (1): 2015.

Borussia Dortmund Copa de Alemaña (1): 2016/17.

Betis Copa do Rei (1): 2021/22.

Selección española sub-21 Eurocopa sub-21 (1): 2013.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da selección española

Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Nados en Sant Jaume dels Domenys Categoría:Nados en 1991 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA