Wulfhere, finado en 675, foi un rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas, desde finais dos anos 650 até a súa morte en 675. Foi o primeiro rei cristián do reino de Mercia, aínda que non se coñece cando ou como se converteu ao cristianismo.

A súa chegada ao trono marcou o final do dominio de Oswiu de Northumbria sobre o sur de Inglaterra, e Wulfhere, de feito, expandiu a súa influencia por gran parte desa rexión. As campañas contra os saxóns de Wessex levaron a que o control de Mercia se estendese tamén por boa parte do val de Támese. Conquistou a illa de Wight e o val do río Meon, outorgando o control destas rexións ao rei Aethelwealh de Sussex. Tamén tivo influencia sobre os territorios de Surrey, Essex e Kent. casou coa raíña Eormenhild de Ely, filla do rei Eorcenberht de Kent.

O pai de Wulfhere, Penda, morreu en 655 na batalla de Winwaed, loitando contra o rei Oswiu de Northumbria. Un dos seus fillos, Peada de Mercia, converteuse en rei baixo o dominio de Oswiu, pero foi asasinado un ano máis tarde. Wulfhere chegou ao trono cando un grupo de nobres de Mercia organizaron unha revolta contra o goberno de Northumbria en 658, expulsando aos gobernadores de Oswiu.

Para o ano 670, ano da morte de Oswiu, Wulfhere era o rei máis poderosos de todo o sur de Gran Bretaña. De feito, foi o señor do territorio britano ao sur do río Humber desde comezos dos anos 660, aínda que non chegou a ser o señor de Northumbria, como si que chegara a ser o seu pai. En 674 enfrontouse ao fillo de Oswiu, Ecgfrith de Northumbria, pero foi derrotado.

Morreu, posibelmente por enfermidade, no ano 675. Foi sucedido como rei de Mercia polo seu irmán Aethelred. Eddius Stephanus, na súa biografía de Wilfrid de York, describe a Wulfhere como "un home de orgullosa mente e de vontade insaciábel"Colgrave, Life of Bishop Wilfred, c. 20.. Traxectoria Mercia no século VII miniatura|Reinos de Bretaña a finais do século VII. A comezos do século VII, Inglaterra atopábase gobernada practicamente na súa totalidade polos anglosaxóns, pobos que chegaran a Britania durante o século V aproximadamente, provenientes da Europa noroccidental. O monxe Beda, que escribiu no século VIII, consideraba aos habitantes de Mercia descendentes dos anglos, un dos pobos invasores. Os saxóns e os xutos asentáronse no sur de Britania, mentres que os anglos quedaron no norteBeda, HE, I, 15, p. 63.. Coñécense poucos datos sobre as orixes do reino de Mercia, no que hoxe en día serían as Midlands inglesas, pero segundo as xenealoxías preservadas na Crónica anglosaxoa e na Colección anglia os primeiros reis serían descendentes de Icel e, por iso, coñécese á súa dinastía como IclingaYorke, Barbara, "The Origins of Mercia" in Brown & Farr, Mercia, pp. 15–16. O primeiro rei de Mercia do que se dispón información histórica definida é Penda de Mercia, o pai de WulfhereBarbara Yorke, "The Origins of Mercia" in Brown & Farr, Mercia, pp. 18–19.

A obra Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda ofrece a historia da Igrexa inglesa e, segundo esta, houbo sete gobernantes anglosaxóns que mantiveron un certo imperium ou preeminencia sobre o resto de reinosBeda, HE, II, 5, p. 111.. O quinto destes gobernantes foi Edwin de Northumbria, que morreu durante a batalla de Hatfield Chase loitando contra un exército de forzas combinadas entre as que se atopaba Cadwallon, un rei de Gwynedd, e Penda. No momento desta vitoria Penda probabelmente non era aínda rei de MerciaYorke, Kings and Kingdoms, pp. 103–4.

Tras a morte de Edwin, Northumbria quedou dividida nos seus dous reinos constituíntes durante un breve período de tempo. Un ano despois Oswald de Northumbria acabou coa vida de Cadwallon e reunificou os reinos, establecendo a hexemonía de Northumbria sobre o sur de InglaterraKirby, Earliest English Kings, p. 83.. Con todo, o 5 de agosto de 642 Penda matou a Oswald na batalla de Maserfield, que probabelmente tivo lugar en Oswestry, o noroeste dos MidlandsKirby, Earliest English Kings, pp. 88–90. Penda non figura como o rei señor sobre o resto de reis anglosaxóns, pero converteuse no máis poderoso de todos eles tras a derrota de OswaldYorke, Kings and Kingdoms, p. 105. Á morte de Oswald, por outra banda, Northumbria quedou dividida de novo: O reino quedou dividido en Bernicia, gobernado por Oswiu de Northumbria, e Deira, gobernado por Oswine de DeiraYorke, Kings and Kingdoms, p. 78.

A principal fonte histórica deste período é a xa citada obra de Beda, que foi acabada ao redor do ano 731. A pesar de estar enfocada na historia da Igrexa, a obra ofrece valiosa información sobre os primeiros reinos pagáns. No referente a outros reinos distintos da súa terra natal (Northumbria), como Wessex ou Kent, Beda contaba cun informante dentro do estamento eclesiástico que lle achegaba información adicional. Non parece que ese fose o caso, con todo, do reino de Mercia, do que se cita menos información que do restoYorke, Kings and Kingdoms, p. 100. Outra fonte deste período é a Crónica anglosaxoa, compilada ao final do século IX en Wessex. Trátase dunha crónica dun escriba anónimo que parece incorporar moita información recollida en períodos anterioresSimon Keynes, "Anglo-Saxon Chronicle", in Blackwell Encyclopedia, p. 35.

Familia Wulfhere era fillo de Penda de Mercia. Beda fai mención do nome da raíña consorte, Cynewise, pero non menciona explicitamente os fillos que tivo ela. Doutra banda, posto que non se coñece que Penda tivese outras esposas, é probábel que Cynewise fose tamén a nai de WulfhereStafford, Pauline, "Political Women in Mercia" in Brown & Farr, Mercia, p. 36Beda, HE, III, 24, pp. 183–5.. A Crónica anglosaxoa indica que Penda tiña 50 anos de idade en 626, e atribúelle un reinado de trinta anos, pero isto suporía que Penda vivise até os oitenta, o que é moi improbábel se se ten en conta que se informa de que dous dos seus fillos (Wulfhere e Aethelred) eran mozos cando el morreu. Considérase probábel que Penda tivese 50 anos no momento da súa morte, en lugar de no do seu ascenso ao tronoKings and Kingdoms, pp. 103–4Kirby, Earliest English Kings, p. 82.. A súa data de nacemento descoñécese, pero Beda descríbeo como mozo no momento do seu ascenso ao trono (poida que estivese en metade da adolescencia). Penda entón podería haberse atopado avanzada na trintena no momento do nacemento de WulfhereKirby, Earliest English Kings, p. 113.

Non existen datos sobre a infancia de Wulfhere. Tivo dous irmáns, Peada e Aethelred, e dúas irmás, Cyneburh e Cyneswith, e tamén é posíbel que Merewalh (un rei menor de Magonsæte, un reino vasalo de Mercia) fose tamén o seu irmánKirby, Earliest English Kings, p. 93Swanton, Anglo-Saxon Chronicle, sub anno 656, p. 29Yorke, p. 107, acepta como verdadeiro o relato que aparece na Vida de San Mildburh, que presenta a Merewalh e Wulfhere como irmáns..

Contraeu matrimonio con Eormenhild de Kent, aínda que non existe constancia en fontes contemporáneas da data do matrimonio nin dos fillos que tiveron. Non obstante o anterior, Coenred de Mercia, rei de Mercia entre 704 e 709, figura na crónica do século XII de Xoán de Worcester como fillo de WulfhereKirby, Earliest English Kings, p. 128. Outro posible fillo é Berhtwald, outro rei vasalo que figura nas fontes como sobriño de Aethelred, e un terceiro, Werburga, que figura nun manuscrito do século XI como filla súaYorke, Kings and Kingdoms, pp. 108Jane Roberts, "Hagiography and Literature: The Case of Guthlac of Crowland" in Brown & Farr, Mercia, p. 84. Existe unha historia do século XI na Catedral de Gloucester que menciona a outras dúas mulleres, Eadburh e Eafe, como esposas de Wulfhere, pero ningún destes casos é plausíbelPara máis detalles véxase Baker & Holt, Urban Growth, p. 18..

Ascensión ao trono dereita|miniatura|295x295px|O Reino de Mercia no seu momento de maior expansión (séculos VII a IX) en cor verde. A parte verde escuro mostra o núcleo orixinal do reino (século VI)Véxase Higham, English Empire, p. 149, figure 7; M. Lapidge (ed.), p. 517, map 9. No ano 655 Penda asediou a Oswiu de Northumbria nun lugar chamado Iudeu, cuxa localización se descoñece, aínda que puidese ser Stirling, en Escocia. Penda capturou como refén ao fillo de Oswiu, Ecgfrith, e Oswiu pagou un tributo como condición para que Penda abandonase o lugar. Non obstante, no camiño de volta a Mercia, Penda foi atacado por Oswiu, producíndose o enfrontamento nun río cuxa localización tamén se descoñece pero que no seu momento recibía o nome de WinwaedUn posíbel candidato é o río Went, un afluente do río Don (véxase Kirby, Earliest English Kings, pp. 94–95); outras suxestións inclúen un afluente sen especificar do río Humber (véxase Swanton, Anglo-Saxon Chronicle, p. 29 n. 11).. Penda morreu na batalla e foi decapitado e Oswiu dividiu Mercia en dúas metades, norte e surKirby, Earliest English Kings, pp. 94–95. A porción localizada máis ao norte foi mantida baixo o control directo de Northumbria, mentres que a outra parte quedou gobernada por Peada, o fillo de Penda, que contraera matrimonio coa filla de Oswiu, Ealhflæd, aproximadamente no ano 653Kirby, Earliest English Kings, p. 96.

Con todo, Peada non permaneceu no trono durante moito tempo. Foi asasinado durante a Pascua de 656, posibelmente coa axuda da propia filla de OswiuKirby, Earliest English Kings, p. 96; Beda, HE, III, 24.. Tras a súa morte o propio Oswiu gobernou a totalidade de Mercia. Na obra de Beda Oswiu aparece nunha listaxe como o sétimo e último rei en manter imperium (ou bretwalda na linguaxe da Crónica anglosaxoa) sobre o resto de reinos anglosaxóns. Por entón, era común a existencia de relacións de vasalaxe entre os reinos, que a miúdo tomaba a forma dun rei menor baixo o dominio doutro máis forte. Oswiu, con todo, chegou máis lonxe que isto, até o punto de que instalou aos seus propios gobernadores sobre Mercia tras as mortes de Penda e de Peada. Con todo, o seu intento de controlar estreitamente o territorio do reino de Mercia fracasou en 658, cando tres líderes de Mercia chamados Immin, Eafa e Eadbert se rebelaron contra Northumbria. Beda informa que mantiveran a Wulfhere oculto, e que cando a súa revolta tivo éxito Wulfhere foi nomeado reiBeda, HE, III, 25; p. 183..

Suxeriuse que a revolta en Mercia tivo éxito debido a que Oswiu se atopaba nese momento ocupado loitando contra os pictos no norte de Britania. O seu sobriño, o rei picto Talorgan, morrera en 657Higham, Convert Kings, p. 245..

A cuestión sobre canto control chegou a exercer Oswiu sobre os reinos do sur non está clara. Beda describe a existencia dunha relación de amizade e influencia entre Oswiu e Sixeberto II de Essex, do Reino de Essex, pero en xeral o esquema de poder no sueste era máis de dominación local, polo que a influencia que puidese exercer Oswiu é pouco probábel que fose demasiado forteBeda, HE III, 22, p. 178.Kirby, Earliest English Kings, p.96–7. En calquera caso, parece que Wulfhere ocupou a posición de Oswiu en moitos lugaresKirby, Earliest English Kings, p. 114–5.

Beda non inclúe a Wulfhere na lista de reis que exerceron imperium, pero os historiadores modernos consideran que foi durante o seu reinado cando comezou a escalada de poder do reino de Mercia cara á supremacía. Parece que foi o gobernante supremo de feito ao sur do río Humber desde comezos dos anos 660, aínda que non chegou a dominar Northumbria, como dera feito o seu paiVéxase, por exemplo, Higham, Convert Kings, pp. 249&–50; Keynes; Yorke, pp. 157–9; Williams, Kingship and Government, pp. 20–3..