Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana (siglas: Podemos-Compromís-EUPV) é unha coalición electoral formada por Coalició Compromís, Podemos del País Valencià e Esquerra Unida del País Valencià, que se estableceu en maio de 2016 para concorrer ás eleccións xerais españolas de 2016 no País Valenciano. A alianza é a sucesora da coalición És el moment, que concorreu ás eleccións xerais españolas de 2015.

O nome da alianza, A la Valenciana, fai referencia ao tipo de coalición de goberno que Podemos e Compromís propuxeron ao PSOE tras as eleccións xerais de 2015. Esta proposta baseábase no acordo logrado no País Valenciano entre o Partit Socialista del País Valencià e Compromís tras as eleccións autonómicas valencianas de 2015, que permitiu que os seus respectivos líderes, Ximo Puig e Mònica Oltra, se convertesen no presidente e a vicepresidenta desa comunidade autónoma.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Forzas políticas da Comunidade Valenciana Categoría:Podemos Categoría:Coalicións electorais de España