Christian Levrat, nado o 7 de xullo de 1970 en La Tour-de-Trême, é un sindicalista e político suízo, presidente do Partido Socialista Suízo desde o 1 de marzo de 2008.

Traxectoria Licenciado en dereito pola Universidade de Friburgo, realizou o mestrado en ciencias políticas na Universidade de Leicester. Traballou na defensa do dereito de asilo en Cáritas de Suíza (1995-2000) e como xefe do servizo xurídico da Organización Suíza de Axuda aos Refuxiados.

Foi secretario central e presidente do Sindicato da Comunicación, e tamén vicepresidente da Unión Sindical Suíza (2003 - 2008). Entre 2000 et 2004 foi membro da Asemblea Constituínte de Friburgo. En 2003 entrou no Consello Nacional e reelixido en 2007. Tras a marcha de Hans-Jürg Fehr foi o único candidato a presidencia do Partido Socialista Suízo, resultando elixido nun congreso extraordinario celebrado en Basilea.

O 11 de marzo de 2012 nunhas eleccións parciais entrou no Consello dos Estados, substituíndo a Alain Berset« Un Gruérien au Conseil des Etats », sur lagruyere.ch,‎ 11 de marzo de 2012 2012., logrando o 54,2 % dos votos.

Publicacións Changer d'ère, Lausanne, éd. Favre, 2007 (en colaboración con Alain Berset)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Christian Levrat Perfil de Christian Levrat na Asemblea Federal Suíza.

Categoría:Deputados de Suíza Categoría:Nados no cantón de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade de Leicester Categoría:Nados en 1970 Categoría:Senadores de Suíza Categoría:Sindicalistas de Suíza