Cibrán é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Cyprianus, nome étnico que quere dicir "natural de Chipre", "habitante de Chipre". En galego tamén ten as variantes Cibrao e Cipriano.

En xaneiro de 2023 existían 181 varóns en Galicia co nome Cibrán, cunha media de idade de 17,3 anos,Nome Cibrán na Web do Instituto Galego de Estatística e 204 co nome Cipriano, cunha media de idade de 67,2 anos.Nome Cipriano na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Cibrao.

Uso do nome San Cibrán é un santo moi venerado en Galicia e patrón de numerosas parroquias polo que debeu ser un nome común na antigüidade (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán).

Santoral 16 de setembro: San Cibrán, crego e escritor romano, bispo de Cartago (249-58) e santo mártir da Igrexa.

Noutras linguas Alemán Cyprian Aragonés Cibrián, Cebrián, CipriánEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano Cibrián, Cibrano Castelán Cipriano Catalán Cebrià Checo Cyprianus Corso Ciprianu Croata Ciprijan Dinamarqués Cyprianus Esperanto Cipriano Éuscaro Kipiren Finés Cyprianus Francés Cyprien Grego Κυπριανός (Kyprianos) Húngaro Ciprián Inglés Cyprian Islandés Kýpríanus Italiano Cipriano Latín Cyprianus Lituano Kiprijonas Neerlandés Cyprianus, Cypriaan Noruegués Cyprianus Polaco Cyprian Portugués Cipriano Ruso Киприан (Kiprian) Sardo Cipriànu Serbio Кипријан (Kiprijan) Sueco Cyprianus Ucraíno Кипріян (Kiprijan) Xeorxiano კვიპრიანე (Kvipriani)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns

Bibliografía

Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos