miniatura|Elephantulus brachyrhynchus. miniatura|Elephantulus fuscus.

miniatura|Macroscelides flavicaudatus. miniatura|Petrodromus tetradactylus. miniatura|Rhynchocyon petersi.

A dos macroscelídeos (Macroscelidea) é unha orde de mamíferos placentarios afroterios coñecidos vulgarmente como musarañas elefante.Schlitter, D. A. (2005): "Order Macroscelidea", en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. pp. 82–85.

Comprende 16 especies vivas agrupadas en 4 xéneros nunha única familia actual, a dos macroscelídidos (Macroscelididae).<ref name=MM>Macroscelididae Bonaparte, 1838 en MSW.</ref>

Son pequenos animais cun fociño longo e patas traseiras alongadas, que viven no solo e se alimentan principalmente de insectos. Todas as especies da orde habitan no continente africano.

Antigamente incluíanse na orde dos insectívoros, hoxe en desuso, xunto aos ourizos, musarañas e toupas.

Características

As musarañas elefante teñen un certo parecido coas musarañas, pero son de maior tamaño. Alcanzan unha lonxitude corporal de 10 a 31 cm e teñen unha cola de 8 a 25 cm de longo. O seu peso varía entre os 25 e os 280 g. Porén, os máis grandes rincocións (Rhynchocyon) poden alcanzar un peso de até 700 g.

A pelaxe no dorso varía, dependendo do seu hábitat, desde un gris amarelado até un café avermellado. Os rincocións e o petródomo (Petrodromus tetradactylus) teñen, ademais, raias e manchas na pelaxe. A superficie ventral é dunha cor máis clara, maioritariamente branca ou gris clara.

Estes animais teñen ollos grandes e redondos, e un fociño móbil moi alongado en forma de trompa.

Teñen as patas longas e delgadas. As patas traseiras son máis longas que as dianteiras. Os dedos polgares son moi pequenos ou faltan completamente. As patas traseiras están concibidas para avanzar a saltos. Como moitos outros mamíferos, as musarañas elefante páranse e camiñan apoiándose nos dedos das súas patas (dixitígrados).

Posúen unha longa cola, case pelada, que ten certo parecido á dunha rata.

As musarañas elefante marcan o seu territorio coas secrecións que producen coas glándulas odoríferas da parte inferior da cola, e con outras glándulas situadas nas patas, peito e ano.

As femias teñen de dous a tres pares de mamas.

Taxonomía

Orde A orde foi fundada en 1956 polo zoólogo británico Percy M. Butler (1912 - 2015).

Familia A familia describiuna en 1838 o naturalista francés Charles Lucien Bonaparte, en Nuovi Ann. Sci. Nat. 2: 111.

Etimoloxía Os nomes da orde, e da familia, derivan do nome do seu xénero tipo, Macroscelides, coas desinencias do latín científico -idea e ´-ídae, respectivamente (ambos os elementos derivan do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma").

O nome do xénero tipo, Macroscelides, está formado polos elementos do latín científico macro-, calco do grego μακρο- makro (de μακρός makrós, "longo"), e -scelides, tirado do grego antigo σκέλος skélos, "pata". Literalmente: "o de patas longas".myEtymology .

Clasificación A orde, e a súa única familia comprende actualmente 16 especies divididas en 4 xéneros:

Orde Macroscelidea Familia Macroscelididae Xénero Elephantulus - 10 especies Xénero Macroscelides - 1 especie Xénero Petrodromus - 1 especie Xénero Rhynchocyon - 3 especies

Nota: algúns autores, como Haltenorth, reducen o número de especies a 12,Haltenorth & Diller (1986). mentres que outros, como na EOL, amplíano a 17.Macroscelididae na EOL.

Distribución e hábitat As musarañas elefante só se encontran no continente africano, principalmente en África central, oriental e meridional. A súa área de distribución esténdese desde Somalia, o sur do Sudán e a República Democrática do Congo até Suráfrica. Só unha especie, o asarfif ou musaraña elefante norteafricana (Elephantulus rozeti), vive no noroeste do continente, entre Marrocos e Libia.

Estes animais habitan nunha gran variedade de hábitats, desde desertos e terreos rochosos até sabanas e selvas tropicais.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): "Elephants Scheews, Macroscelididae", en: A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. pp. 313–320. Rathbun, Galen B. (1984): en Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals''. Nova York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. 730–733.

Outros artigos Mamíferos Afroterios

Ligazóns externas Macroscelididae na ADW. Macroscelididae na EOL. Con ampla infromación, imaxes e mapas de distribución .