Manuel López Sendón, nado en Carnota en 1909 e finado en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 1985Necrolóxica no ABC, 11-12-1985, p. 105., foi un médico e político falanxista galego.
Traxectoria Da súa formación ata a Guerra Civil Fillo do secretario do Concello de Teo, Antonio López GarcíaEl Compostelano, 18-3-1935, p. 2. e Cándida Sendón Amado (dunha familia de médicos), foi irmán de Antonio (político en Asturias), José Luis (médico nas Canarias e Ourense) e Pedro López Sendón (médico).
Como médico formouse xunto ao catedrático e cirurxián Miguel Gil Casares, tras cuxa morte se trasladou a Madrid para rematar a súa formación no Instituto Nacional de Oncoloxía (especializándose en hispatoloxía con Pío del Río Hortega) e no Instituto Nacional de Hixiene (especializándose tamén en bacterioloxía). Rematou os seus estudos na Facultade de Medicina da USC en 1932El Pueblo Gallego, 21-5-1932, p. 10.La Noche, 28-4-1955, p. 8.. Neste tempo foi contador da Asociación Profesional de Estudantes de Medicina, da facultade composteláEl Pueblo Gallego, 26-10-1932, p. 12.. En xullo de 1933 obtivo o doutoramento pola Universidade Central de MadridEl Compostelano, 3-7-1933, p. 1.. Ao pouco obtivo unha bolsa dun ano para estudar Medicina Interna na cidade alemán de Halle en 1933, recibindo clases do internista Theodor Brugsch. En abril de 1934 foi contratado pola compostelá sociedade de Clases Laboriosas para ser o seu médico internista, mentres tamén era profesor axudante da Facultade de MedicinaEl Compostelano, 17-4-1934, p. 2.. Uns días despois, tamén foi contratado o médico Domingo García Sabell pola mesma sociedade benéficaEl Pueblo Gallego, 26-4-1934, p. 12., co que compartiu por tanto a actividade ata xuño do mesmo anoEl Compostelano, 28-6-1934, p. 1., e de novo desde xulloEl Compostelano, 9-7-1934, p. 3.. Poucos meses despois, tamén foi contratado como médico pola sociedade Unión Protectora de Artesáns, xunto ao médico Manrique R. Suárez VillafrancaEl Pueblo Gallego, 16-6-1934, p. 10.. Dende 1935 estivo como axudante de clases prácticas de Patoloxía na mesma facultade, xunto a Casimiro Martínez López. Ao mesmo tempo, recibía consulta para "enfermidades internas e do aparato respiratorio" no 1º andar do número 24 da rúa do HórreoFiestas patronales santiaguesas (1935); editado por Litografía e Imprenta Roel, da Coruña, p. 46.. En marzo de 1935 deixou as súas funcións nas devanditas sociedades para viaxar de novo a Alemaña, cunha bolsa da Facultade de MedicinaEl Compostelano, 18-3-1935, p. 2., onde se formou no Hospital Universitario da Charité (Berlín), xunto ao profesor Gustav von Bergmann, volvendo no mes de xulloEl Compostelano, 8-7-1935, p. 2., retomando as súas consultas no Hórreo.
Significado falanxista desde 1934Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1955, p. 7., nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse candidato pola provincia da Coruña para o Congreso por Falange EspañolaEl Compostelano, 10-2-1936, p. 2., obtendo 2.728 votos en SantiagoEl Compostelano, 17-2-1936, pp. 1-2., un resultado escaso na súa propia cidade. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936, López Sendón entrou a formar parte da Xunta Xestora do Concello de Santiago, presidida por Manuel García Diéguez, nun posto equivalente ao de concelleiroEl Compostelano, 11-8-1936, p. 1.. Desde febreiro de 1937, durante a guerra civil española, marchou voluntario á fronte coa II Bandera de La CoruñaEl Compostelano, 30-4-1937, p. 1.Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1955, p. 7., resultando ferido en xullo deste mesmo ano en AsturiasEl Pueblo Gallego, 29-7-1937, p. 8.. Posteriormente, volveu ser ferido en Anchanda, na toma do Cinto de Ferro de Bilbao, polo que foi condecorado.
O Hospital Gil Casares Tras a súa recuperación, foi Xefe de Sanidade de Falange en GaliciaMédicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959), de David Simón Lorda. Artigo dentro de "A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria" (Narón, 2005); p. 342.. En abril de 1938El Progreso, 29-4-1938, p. 2. encargouse, como o seu primeiro director, do novo Hospital Gil Casares que daquela foi inaugurado como "Sanatorio Antituberculoso de La Choupana", dependente do Patronato Nacional Antituberculoso do Goberno Civil da CoruñaEl Compostelano, 12-4-1938, p. 2.Hoja Oficial del Lunes, 16-5-1938, p. 5.. En abril de 1941 foi confirmado no cargo, tras superar unhas oposicións, engadíndolle a xefatura do Dispensario Nacional Antituberculoso de SantiagoEl Compostelano, 1-4-1941, p. 5.. Nos seus primeiros anos tratouse neste hospital exclusivamente a pacientes con tuberculose, tendo como axudante ao doutor Galarza. Posteriormente, ampliáronse as patoloxías tratadas e dedicouse monograficamente a enfermidades do tórax. Baixo a súa dirección, solicitouse que o hospital levara o nome do pioneiro da loita contra a tuberculose en Galicia e catedrático de Medicina Interna da USC, Miguel Gil Casares. Reunida a xunta directiva (López Sendón, como Director; Antonio Golpe, como Xefe de Servizo; e Ángel Carretero, como Xefe de Administración) formalizouse a petición, sendo concedida, así como aproveitouse para realizarse a primeira ampliación do hospital. A denominación oficial daquela quedou como Hospital de Enfermidades do Tórax Profesor Gil Casares. Durante as obras de ampliación do hospital, que deron comezo a mediados de 1956 e remataron cinco anos despois, López Sendón deu pulo á súa carreira política. En 1979 xubilouse como director López Sendón e foi substituído no cargo por Antonio Golpe CobasHoja Oficial del Lunes, 10-3-1980, p. 24..
Carreira política O 30 de xuño de 1938 foi nomeado subxefe provincial da Coruña de Falange Española Tradicionalista y de las JONSEl Compostelano, 1-7-1938, p. 4., e en 1939 Xefe Provincial do MovementoEl Pueblo Gallego, 31-12-1939, p. 10.. Acadou a Xefatura Provincial de FET y de las JONS o 16 de xaneiro de 1940La Región, 8-2-1940, p. 4., cargo que desenvolveu ata o 3 de maio do mesmo ano, sendo substituído por Lorenzo Villalonga LacaveEl Compostelano, 4-5-1940, p. 2.. O 24 de abril de 1955 foi nomeado Conselleiro Nacional do Movemento pola provincia da CoruñaHoja Oficial del Lunes, 25-4-1955, p. 7.La Noche, 25-4-1955, pp. 1 e 4.. Participou, como procurador en Cortes (1955-1958), na redacción dalgún importante artigo da Lei de MontesLa Noche, 8-6-1957, p. 8.La Noche, 13-8-1957, pp. 4 e 8., aprobada o 8 de xuño de 1957Lei de Montes de 1957 .. Por fin, en abril de 1961, foi nomeado vicepresidente da Deputación da CoruñaEl Pueblo Gallego, 5-4-1961, p. 11.Hoja Oficial del Lunes, 7-3-1966, p. 1.El Pueblo Gallego, 9-6-1968, p. 1..
Foi membro da American Trudeau Society (que desde os anos 60 mudou o nome por American Thoracic Society) e vogal da Asociación Oficial de Tisiología EspañolaLa Noche, 9-1-1951, p. 6.. Tamén foi presidente da Xunta Directiva da Asociación de Especialistas de Enfermidades do Tórax en Galicia desde 1956La Noche, 6-2-1956, p. 2., presidente do Colexio Médico de Santiago desde decembro de 1960El Pueblo Gallego, 17-12-1960, p. 12. e, en decembro de 1963, foi elixido vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da CoruñaHoja Oficial del Lunes, 16-12-1963, p. 11.. .
Distincións e homenaxes En 1937 recibiu a Medalla de Sufrimentos pola Patria, pola súa participación na toma do Cinto de Ferro de Bilbao. En xuño de 1952 recibiu as insignias da Encomenda e Placa da Orde Civil de Sanidade polo seu labor na loita contra a tuberculose.La Noche, 18-6-1952, p. 2.
O "Certamen de Narrativa Joven «Doctor Manuel López Sendón»", que organiza o concello granadino de Almuñécar, leva desde o 2012 o seu nomePresentado el I Certamen de Narrativa Joven «Doctor Manuel López Sendón» . Web do Ayuntamiento de Almuñecar..
Vida persoal Casou o 20 de decembro de 1938 coa ceense Dorotea Lastres GarcíaEl Compostelano, 23-11-1938, p. 2.El Compostelano, 21-12-1938, p. 2., coa que tivo unha filla, María Luisa (casada co avogado Joaquín Blanco Ande), e un fillo, Manuel Antonio López-Sendón Lastres (falecido sendo neno)El Compostelano, 28-8-1941, p. 2.. En 1956 adquiriu o chamado Castelo do Cardeal, na ría de CorcubiónLa Noche, 8-12-1956, p. 4..
Obras Contribución al estudio del metabolismo basal en la tuberculosis pulmonar (17 de outubro de 1931, na revista Medicina Íbera) Esplenomegalias crónicas (decembro de 1932, na revista Gaceta Médica), xunto a Casimiro Martínez López Sobre el empleo y dosificación del íodo en el tratamiento de la enfermedad de Basedow (20 de febreiro de 1932, na revista Archivos de Medicina, Cirujía y especialidades), xunto a Casimiro Martínez López La tuberculosis como enfermedad social (artigo publicado en La Noche o 2 de maio de 1947, páxina 1) Inmunidad y alergia en tuberculosis (21 de febreiro de 1949, conferencia na Facultade de Medicina da USC)La Noche, 19-2-1949, p. 2. La génesis del complejo primario y su importancia en el desarrollo de la tuberculosis. Patogenia de la tuberculosis generalizada (16 de marzo de 1949, conferencia na Facultade de Medicina da USC)La Noche, 15-3-1949, p. 2. Estado actual y modernas orientaciones de la cirugía de la tuberculosis pulmonar (28 de febreiro de 1953, conferencia na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, na Coruña)La Noche, 28-2-1953, p. 2. Cirugía de la tuberculosis pulmonar (febreiro de 1953, disertación na Real Academia de Medicina)Hoja Oficial del Lunes, 2-3-1953, p. 2. Clínica y cirugía de la hidatidosis pulmonar (1 de xuño de 1957, conferencia na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, en Santiago)La Noche, 30-5-1957, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Carnota Categoría:Falanxistas
Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Carnota Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes